sábado, 1 de diciembre de 2012

Imos ao cine e merendamos macedonia.

O mércores 28 tivemos a nosa 2ª saída aos cine CGAI da Coruña, onde visionamos varios contos dunha colección tiulada " Contos de Canadá"
Os contos eran sinxelos cargados de valores e emotividade para os máis pequenos/as, a súa curta duración fixo amena a sesión. Os que máis nos gustaron foi un conto dun ganso e outro de 3 gatiños que vivían cunha avoíña. Portámonos moi ben no interior do cine e prestamos moita atención, tamén cando saímos á rúa obedecimos ás profes e coma sempre no autobús pasámolo xenial.  
         
Ademáis de traballar a reo esta semana nos cadernos e que temos ao noso coidado unha nova flor no xardín a vogal e... decatámonos de que o Nadal está moi próximo, e temos que deixar todo preparado antes de irnos de vacacións.
Por iso decidimos tomarnos "un respiro" e xuntarnos ambas clases a degustar unha macedonia de outono (para coller forzas), composta de: iogur natural, zucre, mazá, uvas, noces e granada . Foi todo un éxito, comimos bastante, ainda que algúns compañeiros/as resistíanse a probala!! gracias á mestra Eva que nos botou unha man na elaboración da receita.




Para os vindeiros días todos/as os nenos/as levamos unha bola de Nadal para decorar coas nosas familias. Lembrade o que dixen na 1ª reunión de curso se alguén precisa algún material plástico que eu teña na aula non dúbide en pedilo por favor! pasade un bo rato cos vosos fillos/as facendo esta divertida actividade e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade! aquí vos amoso unhas estreliñas que fixo unha compañeira miña que se chama Paula, cos seus rapaces xa fai uns cantos anos alá polas Rías Baixas (son estrelas) pero estou segura que algunha idea vos servirá para as vosas bolas...



RECADIÑOS
  •  Algúns nenos/as non levaron a carpeta, dado que as vin o venres pola tarde na aula, lembrade preguntarlle ao voso/a fillo/a se tiña que coller algo antes de saír do cole... así axudaremoslle a lembrar as cousas e á asumir pequenas responsabilidades dende idades temperás... é unha mágoa que algunhas familias xa non dispoñan desta actividade para o fin de semana!
  • Devolvede o traballiño da bola de nadal dentro da carpeta, recordade que o luns 10 inclusive, tamén se poden entregar.
  • Hai nenos/as que non trouxeron a carpeta do curso pasado ou unha nova, precisoa para meter os traballiños do 1º trimestre.
  • Non abriguedes moito aos nenos/as para estar dentro da aula (vai moito calor dentro dela).
Xa pra rematar... non olvidedes preguntar ao voso/a fillo/a que pasou este luns 3 de Decembro na aula. A profe tenlles unha sorpresa preparada...uns Reis Magos anticipados (por decilo dalgunha maneira) a ver que vos parece a todos/as, eu estou moi contenta coa boa nova. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario