miércoles, 27 de abril de 2016

INTERCENTROS



A aula de 5 anos participou no certame de Intercentros proposto polo concello de Narón.
A obra que seleccionamos é un cadro de Leandro Lamas, e uns poemas de Manuel María (a que sen lle adica este ano o Día das Letras Galegas 2016).
Este é o cadro co que participamos os nenos e nenas de 5 anos.


Nós fixemos unha adaptación da estación do verán. Os nosos compañeiros de Freixeiro, 3 anos e 4 fixeron as outras 3 estacións, primavera, outono e inverno. Entre as 4 aulas fixemos unha composición. O pintor Leandro Lamas felicitounos pola labor feita, através do seu Facebook.
Queredes ver cómo quedou todos os traballiños que presentamos? Mírade!
Estes son os cadros de cada aula:

Todas as familias do Cole do Feal poden visitar dita exposición, no Pazo da Cultura de Narón.

sábado, 23 de abril de 2016

Día do libro- 23 de Abril.


O 23 de Abril celebrase o DIA DO LIBRO.

No cole falamos deste día tan significativo. O 23 de abril é un día simbólico para a nosa literatura mundial, xa que  nesta data e ano 1616 faleceron os escritores Cervantes e Shakespeare.

Na nosa clase, a profe falounos de Miguel De Cervantes, Don Quijote, Sancho Panza, Dulcinea e Rocinante. E fixemos algunas tarefas como ésta:







Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, propuxose a elaboración de frores para adornalos corredores, con motivo desta data e a chegada da nova estación de Primavera.


ESTAS SON AS ROSAS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS:


Colocamos os nosos traballiños no taboeiro da Biblioteca escolar.



RECILAXE E SUSTENTABILIDADE NA NOSA CONTORNA


Benvidos/as ao 3º trimestre!
Ao longo destes días estivemos traballando a importancia que ten reciclar e adquirir hábitos positivos coa nosa contorna física e natural, e cómo todos estes actos  reflicten nas nosas vidas cotiáns.
Descubrimos e aprendenmos a clasificar os diferentes tipos de basura que temos ao noso arredor, e identificamos en que contenedor temos que reciclar.
Temos que estar moi atentos/as sempre as súas cores!

Este é algún dos vídeos que visionamos na clase:


Tamén estivemos leendo diversos libros acerca da reciclaxe e os coidados do Medio Ambiente,
e  a Natureza  através dos nosos amigos os "Bolechas".


 Unha das primeiras cousiñas que aprendimos, e que moitas cousiñas poden ter un dobre uso, ou podemos transformalas en cousas novas, diferentes e moi creativas, tal e cómo fixestes na casa coas vosas familias.
Premede no vídeo, e poderedes observar cantas cousas de refugallo fixestes!





Reciclaxe e Paisaxe 2016- O Feal.

Cómo podedes observar no vídeo as posibilidades de reciclaxe son infinitas. Temos de todo un pouco... reciclaxe de tetrabriks, latas, botellas de prástico, madeira, rolos de papel, cartón, caixas, cds, etc ... Parabéns!

Na clase habilitamos un pequeno Recanto, para expoñer as cousiñas  feitas polas familias.
Gracias cóma sempre pola vosa colaboración.


LEMBRADE SEMPRE AS TRES R:

REDUCE
REUTILIZA
RECICLA