sábado, 23 de abril de 2016

RECILAXE E SUSTENTABILIDADE NA NOSA CONTORNA


Benvidos/as ao 3º trimestre!
Ao longo destes días estivemos traballando a importancia que ten reciclar e adquirir hábitos positivos coa nosa contorna física e natural, e cómo todos estes actos  reflicten nas nosas vidas cotiáns.
Descubrimos e aprendenmos a clasificar os diferentes tipos de basura que temos ao noso arredor, e identificamos en que contenedor temos que reciclar.
Temos que estar moi atentos/as sempre as súas cores!

Este é algún dos vídeos que visionamos na clase:


Tamén estivemos leendo diversos libros acerca da reciclaxe e os coidados do Medio Ambiente,
e  a Natureza  através dos nosos amigos os "Bolechas".


 Unha das primeiras cousiñas que aprendimos, e que moitas cousiñas poden ter un dobre uso, ou podemos transformalas en cousas novas, diferentes e moi creativas, tal e cómo fixestes na casa coas vosas familias.
Premede no vídeo, e poderedes observar cantas cousas de refugallo fixestes!





Reciclaxe e Paisaxe 2016- O Feal.

Cómo podedes observar no vídeo as posibilidades de reciclaxe son infinitas. Temos de todo un pouco... reciclaxe de tetrabriks, latas, botellas de prástico, madeira, rolos de papel, cartón, caixas, cds, etc ... Parabéns!

Na clase habilitamos un pequeno Recanto, para expoñer as cousiñas  feitas polas familias.
Gracias cóma sempre pola vosa colaboración.


LEMBRADE SEMPRE AS TRES R:

REDUCE
REUTILIZA
RECICLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario