sábado, 13 de mayo de 2017

PROXECTO OS PITIÑOS

Xa comezamos a desenvolver o Proxecto dos Pitiños na clase, e recibimos moitos materias por parte das familias, o cal nos serve como eixo motivador para o desenvolvemento dos contidos e das posteriores aprendizaxes de aula.
Temos un pouco de todo: contos, fotos, imaxes, información  de internet, xoguetes, niños de páxaros, pitiños de crochet... pero vou amosarvos máis polo miúdo para que vexadas cantas cousiñas temos no noso RECANTO.

 


Antonio e a súa cestiña

  

    Leo e a súa creativa caixa de   ovos kinder
Iker Sanjurjo e o seu niño de Pega (Urraca)

 Marcos co seu conto, elaborado pola súa familia, trata dun Galo e una Galiña que se enamoraron nun Galiñeiro de Moeche e tiveron pitiños! Toda unha Historia de Amor!


Lauri eo seu papá Alejandro, trouxeron una incubadora de ovos!

Temos 12 ovos, que coidar! Toda unha responsabilidade! Estamos a facer o seguimento no calendario.
Supostamente, dentro de 21 días deberíamos ter pitiños na clase.

 SEGUIMENTO DO PROCESO DE INCUBACIÓN DOS EMBRIÓNS DE POLOS

Nós estamos preparados para recibilos, dado que una das avós de Izan de La Viña mercoulle un bebedorio e un comedoiro e trouxoo á clase.

Agora, no seguinte vídeo podedes ver moitas máis cousas acerca dos materiais aportados !
E tamén  estamos traballando.



GALIÑAS E POLIÑOS 

Xa para rematar a entrada de hoxe deixovos 2 vídeos musicais moi coñecidos, relacionados coa temática dos pitiños. 
A canción clásica "Los pollitos dicen pío, pío" e a divertida e sempre xenial canción do "Polo Pepe".



POSTAIS DOS PITIÑOS

NO VÍDEO PODEDES VER OS DIFERENTES PITIÑOS QUE CADA NENO/A ELABOROU.
e JULIA AMOSA COMO SE FIXO.



EXPERIMENTOS E CIENCIA



LUNS CIENTÍFICO NO CPI DO FEAL

Ola a todos/as! Aquí estamos de novo, para contar cousiñas que van pasando no día a día no cole,
ou na nosa aula de 3 anos.
Tiñamos pendente amosarvos o "Luns Científico", onde tivemos a oportunidade de observar, ver, mirar e participar tódalas Etapas educativas do CPI.

No seguinte vídeo podedes ver cómo foi a Xornada da Ciencia.
Gracias á mestra María, que involucrou  a todo o Cole,  e aos seus alumnos/as colaboradores nos Obradoiros.




viernes, 5 de mayo de 2017

CARABUÑAS

ACTUACIÓN DE CARABUÑAS
NO PAZO DA CULTURA
INTERCENTROS ORAL 2017

Os nenos/as de 3,4,5 anos e Freixeiro paricipamos a outra semana, no certame de Intercentros.
Baixo as directrices da mestra Paula, fixemos a nosa cacionciña e acompañamos  aos rapaces de 5 anos que representaron a Obra teatral de Carabuñas. Son uns campións  fixerono xenial! E souberon superalos seus medos escénicos, non é nada doado falar e lembrarse dos diálogos ante todo o Auditorio.
Estas son algunas das imaxes que podo amosar dese día! Ademáis, dalgunhas probas e representacións previas que fixemos no cole ao longo das anteriores semanas.

No backstage do Pazo, a mestra Paula e outras profes dando as últimas directrices e consellos antes de saír ao escenario.

OS MAIOS 2017 - CPI O FEAL


Os Maios celebranse, en moitas  vilas Galegas e poden adoitar diversas formas, como se pode observar nas seguintes imaxes.



Pódense elaborar con fiuncho, xestas, follas verdes, cáscaras de ovos, frores variadas, margaridas, laranxas, limóns... e toda clase de pranta ou arbusto verde. As combinacións son infinitas.
Dende o Concello de Narón, convidouse a participar aos coles nestes Obradoiros. 
Hoxe 2 monitores e a profe axudáronnos a elaborar este Maio tan chuli e colorido!
Gracias ás familias que participaron moi xenerosamente na aportación dos ornamentos naturais.
Parabéns familias!
Observade atentamente o seguinte vídeo, tivemos que traballar moito! Tamén aproveitamos para facer una "alfombra floral", aproveitamos que tiñamos moito material e o clasificamos, despois aprovitamos "a carreteira" da nosa alfombra e fixemolos camiños con pétalos de rosas, cáscaras, cortezas de árbores,mondas, follas...


 E aquí temos o resultado final!
Graciñas Josi e Luchi, os nosos monitores.


E agora toca o vídeo!





OS MAIOS 2017-O FEAL-3 ANOS

Espero que vos gustase!
Ata a próxima.