viernes, 30 de marzo de 2012

VACACIÓNS

vacacions

Xa estamos de vacacións de Semana Santa ou de Pascua... rematou o 2º trimestre... foi moi longo. A verdade e que traballaron a reo estes rapaces durante esta tempada, e están moi cambiados con respecto ao 1º trimestre: máis traballadores e obedientes, adquiriron novos conceptos e contidos, fixeronse todos/as bastante amigos/as, son moi autónomos e melloraron a súa actitude persoal e o hábito de escoita... así que eu coma MESTRA que son síntome moi orgullosa deles, considero que teñen MERECIDISIMAS estas vacacións: que xoguen, desfruten das actividades ao aire libre e descansen, o 3º trimestre vai ser moi curtiño pero intenso, cheo de moitas novas e sorpresas na dinámica de aula.


As clases retomaranse o martes 10 de Abril no horario habitual. Ata pronto!

martes, 27 de marzo de 2012

TRABALLAMOS COA PRENSA

¿Sabedes por qué celebramos nos coles a semana da prensa? Indagando un pouco… averiguei que a “Semana da Prensa” foi insituída en Galicia por iniciativa de La Voz e celebrouse por primeira vez en abril de 1989.
Dende entón aparece anualmente rexistrado na nosa orde de calendario escolar, habitualmente a celebramos a mediados do mes de marzo, dita orde especifica que alomenos “un día desta semana traballarase cos xornais nas aulas”.
Nós tamén o celebramos a outra semana, estivemos enredando cos xornais, buscando letras, identificando símbolos, cores, números… e había moitas fotos de diversas cousas, e incluso mapas e tamén poñían o tempo (con debuxiños de sol, nubes…) foi moi interesante e algúns estiveron moi concentrados.
Tamén Papelote nos trouxo un xornal xigante onde aparecíamos todos nós e a noticia máis importante era que a primavera chegara ao Burgo.

MIRADE QUE XORNALISTAS MÁIS GUAPOS E GUAPAS

jueves, 22 de marzo de 2012

DIA DA AUGA

Hoxe día 22 de Marzo celebrase o Día Mundial da Auga

É importante concienciar aos máis pequenos da importancia que ten a auga nas nosas vidas. O seu consumo descontrolado ten consecuencias negativas para o entorno natural e os seres vivos.
Faleilles de cerrar ben os grifos e empregar tan só a auga que necesitamos: na ducha, cando lavamos as mans, os dentes, non deixala correr sen máis... e sobre todo non xogar coas cisternas! (dado que lles gusta bastante) de feito hoxe rompeuse unha por andar xogando e inundouse o baño, menos mal que temos a Super-Alfredo o noso conserxe que o amaña todo, todo, todo...non sei que faríamos sen él! 

Por iso tan só me queda dicir: CADA GOTA CONTA


Hoxe levamos a nosa gotiña de auga coma homenaxe
a este día. 
22 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA AUGA 

martes, 20 de marzo de 2012

PRIMAVERA

primavera

Hoxe é 20 de Marzo e deu cambio á nova estación: A Primavera.
Cando chegamos á clase tivemos unha sorpresa... alguén (Papelote ou a "Señora Primavera") nos deixaron unhas sementes de cabazas, un sobreciño de sementes variadas, e ademáis unha maceta cunhas prantas (agora temos que coidalas) esta maceta tiña unha rá moi chula a cal lle chamamos a "rá Manola".

Estivemos prantando nas macetas as sementes... e como somos un pouco "urbanitas" o fixemos nas carretillas dentro da clase e todos fumos observando, colaborando e  participando en  todo: remexer a terra, botar sementes, auga ... e incluso atopamos un gusano vivo na terra!

lunes, 19 de marzo de 2012

FELIZ DÍA DO PAI - 19 DE MARZO DO 2012

Hoxe é 19 de Marzo "Día do Pai".
Felicidades a tódolos pais dos meus nenos e nenas, esperamos que vos gustase o noso agasallo, seguro que foi toda unha sorpresa e non sospeitachedes nadiña!
Era un segredo! ... a voces.

MIRADE QUE CHULAS!

viernes, 16 de marzo de 2012

"ROSALIANDO" NO BURGO




Ao longo da semana fixemos moitas cousas diferentes: que si un contiño, falar e falar, pintar, facer as nosas letriñas, números, psicomtricidade, xogar, cantar, algo de baile... Pero o máis significativo quizás fose que falamos dunha señora chamada Rosalía.... E por qué  fixemos isto? 
Porque este ano celebramos o 175 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, unha das  escritoras máis emblemáticas da Literatura Galega. Dende a nosa aula quixemos rendirlle un pequeno homenaxe, elaborando un libriño para o seu cumple (coma facemos sempre que alguén cumple na clase).
Os contidos foron adaptados aos máis pequerrechos: conteilles que vivía nunha casiña de pedra en Padrón, gustaballe moito escribir, adoraba Galicia, a natureza... entre outras, tamén que levaba posto un vestido negro  que lle chegaba ata os pés, tiña o pelo rizo, escoitamos a canción "Negra sombra" cantada por Luz Casal e un anaco dun poema "Chove miudiño, miudiño chove...." o cal lle dimos interpretación.
O máis sorprendente: Tiña un billete!! onde aparecía a súa cara e a súa casiña en Padrón.... Pero non se pode comprar nada con él...!  As pesetas non existen,  os euros sí!
(palabras textuais dun neno... que listiño!!)


sábado, 10 de marzo de 2012

MACEDONIA 2012

Aquí está a tan esperada fotomontaxe da macedonia celebrada o xoves. Como podedes observar  tivemos moita colaboración... e estabamos organizadísimos: a profe Pilar encargabase da  "sección" limpeza de froitas, a profe Sandra  dos exprimidores (debimos sacar preto dos 2 litros) a profe Maite dáballe xeito co coitelo a toda a froita, pelaba e cortaba a unha velocidade incrible, despois axudoulle Pilar e Clara fixo de reporteira gráfica. O resto xa o sabedes... comimola toda!



Despois da desgustación da macedonia, descansamos no recreo e á volta valoramos á actividade: se nos gustou ou non a froita que probamos.

HUGO MARIN ESTÁ DE CUMPLE

Nesta primeira semana de Marzo tivemos dous cumples... o da profe e o de Hugo Marin. O venres o celebramos todos/as xuntos na clase . Levamos unha semana gastronómica moi variada: macedonia, gusanitos, bizcoito, moedas de chocolate... moitas lambonadas!!
Feliciades pequerrecho no teu día!




AVISOS

Ultimamente o tempo anda bastante "tolo", ainda que non chegou a Primavera... este SOL resulta bastante "traizoeiro" para as nosas cabeciñas, por iso preciso que lle mandedes aos cativos/as unha gorra para ter na clase de maneira permanente (para poñer no recreo e despois do xantar). É importante poñerlle nome, de vez en cando as irei mandando para lavar.



jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é 8 de Marzo 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Faleilles aos nenos/as deste día...pregunteilles se coñecían á algunha muller? cal foi miña sorpresa, cando a súa resposta foi que NON; recapacitei no diálogo e lles dixen... É Mamá? As avoas? As tías?... pensaron un pouco e dixeron  Siiiiiii, pregunteilles se traballaban moito ou pouco, a resposta non se fixo esperar e fíxose rotunda no grupo e sou ao unísono un: MOITOOOOOO!!!!! ante tal afirmación tan só me queda mandarvos parabéns a todas as seguidoras femeninas deste blogue polo 8 de Marzo... ainda que este día... debería recordarse todólos días do ano
Non sí?


INFORMACIÓN SOBRE A "OPERACIÓN MACEDONIA 2012"

NOTICIAS: Informamos a todas as familias, que a  "Operación Macedonia" foi un éxito. Os participantes do evento (é dicir... os vosos fillos e fillas) probaron toda a froita e incluso repetiron. Non sobrou nadiña, e iso que fixemos bastante cantidade, o único que podemos amosar (ata o momento) son estas imaxes estremecedoras: unha perola tristemente baleira, uns vasiños abandoados no lixo e as pelas das laranxas... Os pequerrechos non protestaron nada, participaron e colaboraron coas mestras.
Falo no nome de todas as que alí estivemos traballando (Maite, Pilar, Clara e eu) en que se nos enche a boca en dicir que: ESTAMOS MOI ORGULLOSAS DESTES NENOS E NENAS POLO BEN QUE COMERON. 

Xa sei que tedes moitas ganas de velo todiño pero... tan só podo amosar o RESULTADO FINAL da actividade, temos que esperar un pouquiño para ver o resto do proceso da elaboración da Macedonia.

martes, 6 de marzo de 2012

O XOVES TOCA MACEDONIA!

O xoves 8 de marzo imos elaborar cos compañeiros/as da outra aula unha MACEDONIA moi sabrosa e natural. Cada neno/a aportará unha froita determinada.
A macedonia será elaborada con zume de naranxa, plátanos, peras, mazás, kiwis e fresas.
O importante desta actividade e que os nenos/as desfruten da elaboración e participación da receita, coñezan e intenten degustar as froitas presentadas.
Recordade non mandarlles a merenda, e non vos asustedes se algunha froita non lle gusta... non pasa nada... ás veces proban algúns alimentos por imitación dos amiguiños/as ou por que están moi animados, e non  se sinten con prexuízos, nin presionados. Polo de momento teredes que esperar ata a celebración de dita actividade para ver algunha imaxe.
- Gracias de ante man pola colaboración-




POR QUÉ NOS GUSTA PINTAR?

O debuxo é para os máis pequerrechos o seu
 “primeiro gran tesouro expresivo e comunicativo”
O contacto con diferentes soportes e materiais plásticos  estimularán e favorecerán as súas ideas, expresividade e curiosidade.
Coma mestra da aula de 3 anos B, convido a todas as familias dos meus rapaces a que os animen a facer debuxos na casa, xa que cando un neno ou nena debuxa, está traballando e desenvolvendo multitude de aspectos coma por exemplo: a mellora na súa psicomotricidade grosa e fina, forma as posteriores bases para a escritura e a lectura, afianza a confianza en sí mesmo/a, dá renda á creatividade e imaxinación, favorece o desenvolvemento da personalidade, pódese observar a madurez psicolóxica nas súas produccións, consegue unha maior comunicación cos demáis dado que os debuxos lle premiten  expresar emocións, sentimentos e moitas sensacións…  entre outros moitos aspectos.
Recordade motivalos sempre, dado que as vosas opinións son importantes para él/ela, dado que está ansioso/a de facervos partícipes… a postura que adoptedes poderá estimular ou inhibir o gusto por debuxar.  
Aquí podedes ver unha pequena mostra do ben que nos debuxamos a nós mesmos/as.