martes, 6 de marzo de 2012

O XOVES TOCA MACEDONIA!

O xoves 8 de marzo imos elaborar cos compañeiros/as da outra aula unha MACEDONIA moi sabrosa e natural. Cada neno/a aportará unha froita determinada.
A macedonia será elaborada con zume de naranxa, plátanos, peras, mazás, kiwis e fresas.
O importante desta actividade e que os nenos/as desfruten da elaboración e participación da receita, coñezan e intenten degustar as froitas presentadas.
Recordade non mandarlles a merenda, e non vos asustedes se algunha froita non lle gusta... non pasa nada... ás veces proban algúns alimentos por imitación dos amiguiños/as ou por que están moi animados, e non  se sinten con prexuízos, nin presionados. Polo de momento teredes que esperar ata a celebración de dita actividade para ver algunha imaxe.
- Gracias de ante man pola colaboración-




1 comentario:

  1. Apunto ese día na miña axenda!! Non me perdo esa merendola saudable, nin de broma!!!
    Por certo profe...PARABENS, QUE HOXE ESTÁS DE CUMPLE!!!!

    ResponderEliminar