viernes, 31 de mayo de 2013

IMOS AO MUSEO

 
museo
  
Esta semana fixemos a nosa derradeira excursión. Foi moi especial dado que era a primeira vez que visitábamos un  Museo,  con moreas de cadros de fabulos pintores.
 
Alí puidemos ver cadros, de diferentes artístas da nosa terra coma Carlos Maside, Laxeiro, Díaz Pardo, Lugrís, Manuel Colmeiro e o noso querido Luís Seoane... entre outros tantos! 
Levaron unha sorpresa tremenda cando viron os seus cadros: As Mariscadoras,  o Emigrante, os Tres soles entre outros máis. Deste xeito "pelexaban" por explicar ao monitor, todo o que sabían do pintor galego que traballamos no 1º e 2º trimestre,  caeuseme a "baba" observando como contaban cousiñas; pero de súpeto alguén exclamou: - Aquí faltan cuadros de Luís! (non lembro quen foi) pero tiña razón: A chambra branca, Figura rosa, A árbore, Muller sentada... non estaban, pero ainda así poideron desfrutar da experiencia e resultou moi significativa para todos eles.
Tamén amosáronnos un "Xigante" que tiña cara de "gruñón" (moi semellante á mestra Sandra ja ja ja) e unha escultura moi divertida e creativa de Paco Pestana, onde xogamos a poñerlle nomes orixinais.
 Ao rematar a visita, participamos nun breve taller de Plástica onde tiñamos que pintar a "Dora" unha estrana muller pintada por Pablo Ruíz Picasso, dado que no Museo de Belas Artes da Coruña, hai un auténtico Picasso, e nós puidemos admiralo dende moi cerca.
 
Aquí tedes as imaxes da nosa visita!


 
 
 
 
 

jueves, 23 de mayo de 2013

ANDY WARHOL NO BURGO

 
 proxecto

arte

O Proxecto de Arte deste trimestre trata sobre Andy Warhol, propulsor do POP ART.
As súas obras son ben recoñecidas: Marilyn Monroe, superhéroes, animais, zapatos, plátanos, botellas de coca-cola, a famosa lata de sopa Campbell... e un sin fin de obxectos triviais e persoaxes aos cais foilles dando cor e forma dende outra perspectiva creativa.

Nós  aprendemos cousiñas interesantes da súa vida persoal e descubrimos que era moi excéntrico:
- Sabiades que tiña 25 gatos e a todos chamaballe SAM?
- E qué lle gustaba poñer perrucas de distintas formas e cores para ir pasear?
- Tamén fixo moreas de "cápsulas do tempo" que ía escondendo.
- E encantáballe facer fotos coa súa cámara.

A entrada de hoxe amosa moitas tarefas plásticas que xa realizamos con anterioridade.

Esperemos que vos agrade velas! 




 
 VÍDEO 1
 


 VIDEO 2

jueves, 16 de mayo de 2013

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013


Imos deixar para a vindeira semana os traballos de Andy Warhol, e adícaremoslle a entrada desta semana ao único protagonista indiscutible o afamado dramaturgo galego
ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Este ano, o Día das Letras Galegas xira entorno á súa figura.
Se queredes xogar e aprender un pouquiño máis sobre él, premede nos ENLACES propostos:
 
 
 
Estes días preparamos uns traballiños para levar á casa sobre o homenaxeado. Aquí estamos preparando algúns deles.
 




 
A ponte das letras galegas abrangue dende o venres 17 ata o luns 20 de Maio inclusive.
 
 
A nosa compañeira Aita estivo de cumpre o luns, e convidounos a unha tartiña de chocolate e nata que estaba moi fresquiña. Parabéns pequerrecha! Xa eres toda unha moza de 5 anos!
 


 Onte tivemos unha pequena actividade de tiro con arco no polideportivo dos maiores, 
foi toda unha sorpresa para nós!
 
 

 
Ata a próxima!

viernes, 10 de mayo de 2013

WARHOL E BONILLA DÚAS EXPERIENCIAS DE MARAVILLA!

Excursión a Bonilla!
 
A outra semana fomos de excursión á Fabrica das patacas fritidas BONILLA.
Aprendemos unha morea de cousas e chamounos a atención outras tantas... Era a primeira vez que estábamos nunha fábrica, e nunca viramos tantas máquinas xuntas, tivemos que tomar certas medidas de precaución: mandilóns brancos, todos xuntiños e en fila, non tocar pero si ver! Decatámonos que todo funcionaba  en cadea e estaban moi ben organizados:
1º As patacas estaban almacenadas en sacos xigantes.
2º Os sacos de patacas baleirábanse nunha máquina que as pelaba.
3º Outra as lavaba e a seguinte as cortaba moi finiñas.
4º Lavabanse outra vez e de seguido freíanse.
5º Seleccionábanse e metianse en bolsas e caixas.
6º Despois distribuíanse.
 
E listas para comer!
Ummmm!
 
Aquí podedes ver todo o proceso e as nosas cariñas!
 
 
  
andy
 
warhol
 
 
 Queredes saber algo de Andy Warhol e o POP ART?
 
 
Nós xa comezamos a Warholear!
Dende fai tempo... estamos  a traballar en ARTE a Andy Warhol; 
Queredes ver as caras que temos?
Pois premede neste vídeo! Ides quedarvos a CORES....!
 
 
Nas vindeiras semanas amosareivos todas as cousiñas que temos feitas sobre o POP ART estou segura que xa tedes curiosidade verdade?
 
Ata a próxima!