lunes, 21 de diciembre de 2015

Nadal

BO NADAL A TODOS OS NENOS/AS DO FEAL

Xa rematamos o primeiro trimestre... o tempo pasa rápido.
Agora toca desfrutar coa familia e descansar!

O último día de cole foi unha auténtica troula, pasámolo moi ben!

Pintámola cara e bailamos todos xuntos ao ritmo do grupo de animación
 "A Guagua".
   


Tamén intentamos mete-la carta de Papá Noel e os Reis Magos no buzón da casiña de Infantil, pero... non estaba moi doado. Asi que... o buzón de "sugerencias" que está preto de conserxería serviría para que as nosas peticións chegasen.

Xosé o conserxe compremeteuse a que esas cartas chegasen aos axudantes de
Santa Clauss e os Reis Magos.



Agora unha sorpresa final.....



Os RENOS de 5 anos do Feal vos desexan FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO!


OS MEUS PEQUENOS "RENOS DE NADAL"

miércoles, 9 de diciembre de 2015

O NADAL ESTÁ PRETO!


Nestas últimas semanas estivemos preparándonos para o Nadal  e estamos tremendamente atarefados! Os Reis Magos  o ven todiño! Por iso estamos rematando os traballiños, os cadernos e facendo moreas de manualidades moi chulis para que as súas "maxestades" lles gusten.

A entrada de hoxe está adicada ás familias dos meus rapaces, que colaboraron coa realización de adornos para o corredor, no seguinte vídeo podedes ver como quedaron todas.
Coma sempre...GRACIÑAS!

Adornos de Nadal feitos coas familias

E así quedou o corredor de infantil...






E  aquí podedes ver a nosa porta de clase:

martes, 17 de noviembre de 2015

TIVEMOS UNHA VISITA

VISITA ESPECIAL

A outra semana recibimos unha visita moi especial. Carla Casal quixo presentarnos  ao seu irmanciño Alex, que xa ten 1 mes. Veu coa súa nai Dolores, Carla estaba moi nerviosa, pero atreveuse a coller en brazos ao seu irmán e falounos un pouquiño del.


PARABÉNS Á FAMILIA, E SOBRE TODO A CARLA PORQUE XA É UNHA IRMÁ MAIOR!


TALLERES DE OUTONO E OUTRAS COUSIÑAS

TALLERES

Xa estamos aquí de novo contando as nosas aventuras no Feal. Unha das cousiñas que queríamos contarvos é, cómo nos foi nos talleres que levamos a cabo o venres 6 de Novembro.
Os talleres estiveron organizados nas diversas aulas de infantil: 
  • Na aula de 3 anos, a mestra Vanessa fixo o TALLLER DA ESFOLLA.
  • Na aula de 4 anos, a mestra Paula fixo o TALLER DE CARAUTAS.
  • Na aula de 5 anos, a mestra Sandra fixo o TALLER DE CABAZAS.
Todos os grupos foron rotando polas aulas facendo as diversas actividades propostas. No seguinte vídeo podedes ver aos nenos/as de 5 anos, en diferentes momentos da xornada.
No taller de cabazas, baleiramos as cabazas, puxèmoslle unha veliña e apagamo-las luces, tamén aproveitamos outras cabaciñas para decoralas con diversas técnicas para o Nadal, e retiramo-las pepitas e as seleccionamos para sementalas cando chegue a primavera.

Talleres de cabazas 2015- O Feal on PhotoPeach


Ademáis desta actividade, son moitas outras cousiñas que seguimos a facer realcionadas co Outono. Ao longo do mes, moitos nenos/as e as súas familias seguiron aportando elementos para explorar, descubrir, e aprender... características desta estación. Estas son algnhas fotos, que ainda tiñamos gardadiñas para amosarvos:
 Adrián Vázquez e a súa familia fixo unha "maqueta" a través desta, puidemos explicar os termos de árbores de folla caduca e perenne; Adrián Agras, pola súa banda trouxo landras que non eran galegas, Izan seguiu traendo mazarocas de millo de cores e Lois continuou facendo manualidades cos elementos da natureza ao igual que Zeltia que fixo unha "pina-moucho".



Namentres, que Noa e a súa familia, convidáronnos a todos/as a merendar "chulas de cabaza".
 Non quedou nadiña! Boísimas.
Outras das cousiñas que tiñamos pendente amosarvos, era a actividade  da composición de follas que fixeron os nenos/as nas casas coas súas famlias. As composicións foron moi chulis, e as expuxemos no corredor de infantil. Parabéns  pola participación!



COMPOSICIÓN FOLLAS-2015-O FEAL. - Kizoa Movie Maker


Imos remata-la entrada no blogue, dándolle as gracias á teacher María pola elaboración destas pumpkins tan chulas, e as clases tan divertidas e amenas que lles fai aos rapaces, a través de cancións, xogos, rutinas....os nenos/as van adquirindo máis vocabulario e aumentando a súa comprensión na lingua estranxeira.


THANK'S TEACHER

viernes, 30 de octubre de 2015

ISTO METE MEDO

SAMAÍN 5 ANOS
Estes son algúns dos vídeos favoritos dos meus alumnnos/as estes días, que no transcurso das últimas semanas pedíron reiteradamente. A entrada no blogue vai adicada a tódolos eles.

Según eles... "Profe no dá miedo!" Pero para medo.... o seguinte vídeo terrorifico!



bruxas 2015-feal - Kizoa Movie Maker

BOA PONTE A TODOS/AS! vémonos o martes.

PREPARÁMONOS PARA O SAMAIN




O cole estos días estivo engalanándose para o Samaín , tamén chamado Halloween. Preparamos moreas de actividades entorno a dita festividade. Imos amosar algunhas das cousiñas que fixemos:


 Dende o Equipo de actividades compementarias e extraescolares propúxose adorna-las portas para o Samaín, estas son algunhas das portas que metían medo no Feal. 
A nosa é a PANTASMA que está enriba á esquerda!
  
 Os corredores de infantil engalanaronse para dita ocasión.

 Tamén aproveitamos para decora-la cabaza de Carla, agora dá máis medo con ese bigote e ollos de noces. Hugo e Roi animaronse a traernos unhas cabaciñas que fixeron coas súas familias, tamén eran terroríficas! 


 Os nosos caracois viaxaron ás súas casiñas! deixando tras de sí... Un ringleiro de baba!



 ESTA É A FOTO DE RECORDO DA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO


MAGOSTO 2015

- Magosto -
O mércores celebrámolo Magosto no cole cos compañeiros de Primaria e Freixeiro.
 A partires das 12:00 xuntámonos todos/as para degusta-las castañas asadas e un vasiño de leite. Todos/as íamos provistos cos nosos bonitos tetra-briks, que previamente as familias elaboraron e decoraron. Na clase preparamos unhas coroas con castañas e folliñas de cores, para ir ben guapos á festa. Tamén estivemos xogando no pavillón a xogos tradicionais. Se queredes saber un pouquiño máis de cómo nos foi a xornada tan só tedes que premer no seguinte vídeo.
 


MAGOSTO-O FEAL-5 ANOS-2015 on PhotoPeach

ALDEA NOVA



O xoves fomos visita-la  ALDEA NOVA tódolos nenos/as de educación infantil do Feal.
O tempo non acompañaba, ainda así escampou e poidemos desfrutar das actividades propostas pola organización.
As actividades estiveron organizadas en obradoiros: de invernadoiro, apicultura e xogos populares. Nas seguintes imaxes pódese observar diferentes momentos, nos talleres.


Obradoiro de apicultura, onde tivemos a oportunidade de aprender un pouco máis acerca das abellas, as colmeas, o mel, os panais... Ata puxemos un traxe de apicultor! e fumigamos un panal. Tamén elaboramos unhas veliñas moi chulas que levamos para casa de recordo.


Pra rematar a xornada, un obradoiro de xogos populares, a Noa deuselle bastante ben o xogo do aro, había máis xogos onde elexir.
 

 Gracias a tódolos monitores que impartiron as actividades.










viernes, 9 de octubre de 2015

QUE FACEMOS NO COLE?

QUE FACEMOS NO COLE?
Ola a todos/as! Xa estamos aquí de novo iniciando a nosa andadura no blogue de 5 anos.
Xa vai para un mes que comezamos o cole e todos vos estaredes preguntando que fixemos todo este tempo. Hoxe contaremos algunhas cousiñas esperemos que vos gusten e sexan interesantes.
O 23 de Setembro entrou a nova estación do outono, e xa son moitas as cousiñas que temos na clase para investigar e aprender un pouco máis acerca de dita estación: castañas, landras, noces, ourizos, avelás, marmelos, peras, moitas follas para clasificar (castaño, roble, pino, eucalipto...) e mazorcas de millo que nos chamaron moito a atención por que eran moi diferentes entre sí, e investigamos coa profe e no ordenador para que se empregaba o MILLO ( para á elaboración de pensos para o gando, fariñas para elaborar pan, palomitas de maíz...) debullamos na clase, abrimos a mazorca, comparamos os diferentes tipos de grans (cores e formas) e fixemos a nósa propia manualidade.
No seguinte vídeo pódedes ver cómo o fixemos.

Tamén tivemos  moreas de cabazas, de diversas formas e tipos, pero... a cabaza máis impactante e grande é a que nos agasallaron os avós de Carla Hermida, a cal precisou a axuda de tres nais para poder tráela ata á aula. Agora a temos no corredor de infantil para o desfrute de todos, debaixo da nosa árbore.
      Tamén tivemos espacio para a creatividade, Noa Ramos recreou nunha maqueta "un pequeno Souto", Lois deulle vida á súa mazorca de millo e as súas castañas, ademáis de facer un colgante para o teito cheíño de froitos secos.
Son moitas as actividades que fixestes para o Outono e os elementos aportados. Parabéns a todos/as pola colaboración. Neste vídeo podedes ver máis polo miúdo, a tódolos rapaces coas súas cousiñas e facendo outras actividades.

Xa para rematar (tal e cómo dixemos na reunión) estos son algúns dos contidos que estivemos à traballar nestas  últimas semanas: as vogais en minúscula, a /p/ /m/ e a /t/ en minúscula. Escribimos palabras con esas consoantes e fixemos  os seus correspondentes debuxos, por exemplo: escribimos MAZÀ e a debuxamos. Traballamo-los números o seu trazo e identificación e concepto de cantidade dende o 0 ata o 6 (cousiñas do curso pasado), repasamo-las figuras xeométricas identificación e debuxo, traballamo-lo nome dos compañeiros. Fixemos debuxos da cara e da figura humana,  adquirimos máis habilidade en colorear con plastidecor e rotus, e empregamos as tesoiras. E unha morea de máis cousiñas. 

ATA A PRÓXIMA ENTRADA AMIGUIÑOS!

FOLLIÑAS DE OUTONO

 
ACTIVIDADE COA FAMILIA
 
Estas son algunhas das ideas que atopei pola rede para facer a composición de follas de Outono.
A finalidade e obxectivo da tarefa é que pasedes un bó rato co voso/a fillo/a recolectando e elaborando dita manualidade e que despois a poida presentar aos seus compañeiros no cole.
 
Esperemos que disfrutedes! Poñeremos o resultado noutra entrada do blogue.
A tarefa é voluntaria e temos de prazo ata o xoves 15 de Outubro.
Estas son as cousiñas que atopei, estou segura que hai moitas máis...
podedes facer a que máis vos guste.

   



Lembrade que o LUNS 12 DE OUTUBRO é festivo. Vémonos o martes!