martes, 20 de diciembre de 2016

Os meus pequenos RUDOLFS



Hoxe, quero amosarvos as últimas fotos de Nadal que fixemos na aula.


 Aquí están os traballiños e as manualidades que imos levar para casa.


Ademáis dun vìdeo moi especial, protagonizado por uns RENOS moi queridos e coñecidos para todos/as vós.

Tan só se me "escapou" un pequeno reno chamado "Laura", que non estaba ese día no cole.

RENOS DE NADAL, NO FEAL

domingo, 18 de diciembre de 2016

IMOS NO BUS, QUÉ EMOCIONANTE!


O mes pasado fomos todos ao teatro, para moitos de nòs era a primeira vez que íamos no bus.
Algúns estábamos nerviosos/as e moi entusiasmados/as con esta nova experiencia.
Mirade as nosas cariñas!

VÍDEO AO FINAL DA PUBLICACIÓN

No teatro, vimos as representacións de 4 contos, adicados ao tratamento de contidos, contra a violencia de xénero e a igualdade de oportunidades entre ambos sexos.




O vindeiro mércores 21 de Decembro, derradeiro día de clase, antes das vacacións de Nadal, tódolos nenos/as do Feal, teremos a oportunidade de volver a ir no bus a ver no CINE, a película:



E os maiores ésta:
.............................................................................
TRABALLAMOS
AS
EMOCIÓNS
Ao longo do 1º  trimestre, traballamos as cores e as emocións, a partires do conto de Monstruo de cores.
Dramatizacións, interpretacións dos sentimentos,  expresións... deron cábida a numerosas actividades.
Aquí pódedes ver, o ben que interpretamos!









Para rematar a entrad de hoxe... aquí estamos facendo os nosos traballiños, antes das festas de Nadal. Xa temos todo case listo!



VÍDEO IMOS NO BUS


jueves, 1 de diciembre de 2016

Qué cantas?


E TI QUÉ CANTAS?

Estou segura, que esta pregunta a fixechedes moitos paIs e nais nas últimas semanas, aos vosos/as nenos/as.
Algúns a tarerarían, outros xa a saben, ou cantan anacos....
Esa canción que recitan os nosos/as pequerrechos/as, ven da mán do archicoñecido MONSTRUO DE COLORES.

Libro moi orixinal,  creativo e sinxelo, onde os nenos/as aprenden a interpretar as súas emocións, empregando as cores para identificalas.
Esta é a canción.
Premede no vídeo para vela, e convidade aos vosos/as fillos/as a cantala.
Xa veredes que contentos/as se poñen!


Iker Calvo fai un tempo trouxonos un Monstruo feito pola súa nai, co que xogamos e fixemos actividades, e tiña un bote con lazos de cores que representaban tódalas emocións.
Pero... a foto está moi escondidiña e a profe non á atopa.
Tan pronto apareza amosovola!


Outra cancionciña, coa que  empezamolo día é esta:


Por último, para rematar a entrada cantureira do blogue, a outra canción que cantamos e coa que aproveitamos para traballar  os elementos da cara é a seguinte.




A través da música e as cancións, desenvolvemos habilidades tales cómo a potenciación do desenvolvemento intelectual,  a agudeza auditiva, visual, sensorial,  coordinación motriz e rítmica, favorece a expresión corporal e emocional, mellora as súas habilidades lingüísticas e amplia vocabulario,  incrementa o desenvolvemento das habilidades sociais. . . tamén aporta tranquilidade, desfrute, alegría, serenidade. . . segundo os xéneros e formatos músicais que empreguemos. 
Por eso está moi presente a música nas aulas de infantil.