jueves, 1 de diciembre de 2016

Qué cantas?


E TI QUÉ CANTAS?

Estou segura, que esta pregunta a fixechedes moitos paIs e nais nas últimas semanas, aos vosos/as nenos/as.
Algúns a tarerarían, outros xa a saben, ou cantan anacos....
Esa canción que recitan os nosos/as pequerrechos/as, ven da mán do archicoñecido MONSTRUO DE COLORES.

Libro moi orixinal,  creativo e sinxelo, onde os nenos/as aprenden a interpretar as súas emocións, empregando as cores para identificalas.
Esta é a canción.
Premede no vídeo para vela, e convidade aos vosos/as fillos/as a cantala.
Xa veredes que contentos/as se poñen!


Iker Calvo fai un tempo trouxonos un Monstruo feito pola súa nai, co que xogamos e fixemos actividades, e tiña un bote con lazos de cores que representaban tódalas emocións.
Pero... a foto está moi escondidiña e a profe non á atopa.
Tan pronto apareza amosovola!


Outra cancionciña, coa que  empezamolo día é esta:


Por último, para rematar a entrada cantureira do blogue, a outra canción que cantamos e coa que aproveitamos para traballar  os elementos da cara é a seguinte.




A través da música e as cancións, desenvolvemos habilidades tales cómo a potenciación do desenvolvemento intelectual,  a agudeza auditiva, visual, sensorial,  coordinación motriz e rítmica, favorece a expresión corporal e emocional, mellora as súas habilidades lingüísticas e amplia vocabulario,  incrementa o desenvolvemento das habilidades sociais. . . tamén aporta tranquilidade, desfrute, alegría, serenidade. . . segundo os xéneros e formatos músicais que empreguemos. 
Por eso está moi presente a música nas aulas de infantil.








No hay comentarios:

Publicar un comentario