martes, 21 de octubre de 2014

QUE FACEMOS NO COLE?

 

 QUE FACEMOS NO COLE?
Moitos de vos preguntaredeslle ao voso fillo/a que é, o que fai ao longo da xornada escolar... e as veces non obtedes resposta. Pero non vos preocupedes por que aquí estou eu para contarvos un chisquiño do que imos facendo.

Nas últimas semanas estamos a traballar sobre o outono, no proxecto das formiguiñas, no Samaín (que está a piques de chegar), no trazo dos números 1,2,3 e 4, as letras en maiúsculas, identificalo noso nome e o dos compañeiros, facemos plástica, contos, tarefas por recantos, xogos, intentamos cumpli-las normas da clase....  Buf! como vedes moreas de cousas.

Pero a entrada de hoxe no blogue está adicada á estación do Outono. E quería amosarvos antes de nada como está  a contorna natural do CPI do Feal estes días...
 
 
Como ben podedes observar na imaxe está moi bonito. Un día, desposis do recreo saímos a pasear e observar ás árbores que nos rodean, isto levoume a propoñervos traer ao cole froitos ou cousiñas relacionadas co outono, co fin de que os nenos/as tivesen máis opcións de observacións, experimentacións e manipulacións.
O recanto foi todo un éxito, todolos nenos viñeron moi entusiasmados coas súas cousiñas e contaron con quen as recolleran.
 
Así quedou o recanto cheo de cousiñas: moreas de follas de diferentes árbores (que gardamos para prensalas) castañas, ourizos, landras, noces, figos... ata unha cabaza grandísima que trouxo Carla Hermida, e unha granada que trouxo Aitana Rúa, por non falar das caixas ben organizadiñas dalgúns nenos/as como Icia e Izán, darlle as gracias ás avoas e avós, por que moitos nenos dixeron  que as recolleran nas súas casas, e mazorcas de millo tamén temos moitas. Ata tivemos a oportunidade de observar unha babosa e uns cogumelos. Gracias a todos/as pola vosa participación.
 
 
 A partires destas intensas asambleas matutinas e a experimentación cos diversos materiais naturais, tamén fixemos actividades plásticas e o caderno do outono.
Queredes ver como traballamos? ahí van unhas fotiños...


 
 
Tamén decorámolo corredor da nosa escola.
Este martes adicámolo á sesión de plástica, a partires dun rolo de papel hixiénico e un soporte para froita, imos facer .... Un cogumelo! Chulisimo... Xa o veredes próximamente.
 
Aquí estamos pintando.


 
Este venres comeza a "funcionar" a MOCHILA VIAXEIRA; os pequenos/as  levarana o venres e a devolverán o martes. Poden desfrutar dela ao longo do fin de semana. Dentro desta mochila tedes toda a información que precisades, así coma consellos para crear hábitos lectores.
Lembrade coidar os materiais e non extravialos. Espero que desfrutedes moito da experiencia!
 
 
ATA A PRÓXIMA ENTRADA!
 

lunes, 6 de octubre de 2014

BENVIDAS FAMILIAS AO NOSO BLOGUE DE AULA



Benvidos/as familias  ao noso blogue de 4 anos do CPI O Feal !
 
Esta é unha ferramenta web moi útil e atractiva, tanto para os nenos/as coma para os/as pais e nais, dado que nos permite acercarnos á Educación do noso/a fillo/a dende outra perspectiva.

Cómo ben sabedes todos e todas as   Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) están moi presentes nas nosas vidas cotiás, na vida dos máis pequerrechos e tamén nos centros escolares.
 
É por iso, que dende a nosa aula das FORMIGUIÑAS, queremos convidarvos a visitar o blogue o cal albergará as experiencias, actividades, eventos, celebracións... que os vosos fillos e fillas van realizando na escola. Neste espacio virtual empregarei aplicacións coma fotos, vídeos, enlaces de páxinas webs, e outros recursos informáticos ... Convídovos e anímovos a que se tedes internet preto, aproveitedes esta oportunidade para visitar a aula de 4 anos do Feal, dende outra perspectiva.
Espero que vos guste e poidades desfrutar moito!
 
 
As publicacións iranse facendo de maneira aleatoria ao longo do mes.
Espero que compartades cos vosos/as fillos/as esta experiencia, observar o blogue con él/ela permitiravos saber máis sobre a vida na aula e manter conversas moi entretidas, deste xeito establecemos lazos afectivos, de relación e coordinación entre a familia-escola .
 
Na marxe dereita da páxina web, tedes enlaces de xogos (algún xa os coñecen por que xogamos na clase) recomendados para alumnos/as de Educación Infantil.
 
 
 
Esquecíaseme! Non sei se o sabedes pero....
 
Somos a aula das FORMIGUIÑAS do FEAL,
e a nosa mascota chámase MILA.
 
 
 ATA A PRÓXIMA VISITA!