martes, 21 de octubre de 2014

QUE FACEMOS NO COLE?

 

 QUE FACEMOS NO COLE?
Moitos de vos preguntaredeslle ao voso fillo/a que é, o que fai ao longo da xornada escolar... e as veces non obtedes resposta. Pero non vos preocupedes por que aquí estou eu para contarvos un chisquiño do que imos facendo.

Nas últimas semanas estamos a traballar sobre o outono, no proxecto das formiguiñas, no Samaín (que está a piques de chegar), no trazo dos números 1,2,3 e 4, as letras en maiúsculas, identificalo noso nome e o dos compañeiros, facemos plástica, contos, tarefas por recantos, xogos, intentamos cumpli-las normas da clase....  Buf! como vedes moreas de cousas.

Pero a entrada de hoxe no blogue está adicada á estación do Outono. E quería amosarvos antes de nada como está  a contorna natural do CPI do Feal estes días...
 
 
Como ben podedes observar na imaxe está moi bonito. Un día, desposis do recreo saímos a pasear e observar ás árbores que nos rodean, isto levoume a propoñervos traer ao cole froitos ou cousiñas relacionadas co outono, co fin de que os nenos/as tivesen máis opcións de observacións, experimentacións e manipulacións.
O recanto foi todo un éxito, todolos nenos viñeron moi entusiasmados coas súas cousiñas e contaron con quen as recolleran.
 
Así quedou o recanto cheo de cousiñas: moreas de follas de diferentes árbores (que gardamos para prensalas) castañas, ourizos, landras, noces, figos... ata unha cabaza grandísima que trouxo Carla Hermida, e unha granada que trouxo Aitana Rúa, por non falar das caixas ben organizadiñas dalgúns nenos/as como Icia e Izán, darlle as gracias ás avoas e avós, por que moitos nenos dixeron  que as recolleran nas súas casas, e mazorcas de millo tamén temos moitas. Ata tivemos a oportunidade de observar unha babosa e uns cogumelos. Gracias a todos/as pola vosa participación.
 
 
 A partires destas intensas asambleas matutinas e a experimentación cos diversos materiais naturais, tamén fixemos actividades plásticas e o caderno do outono.
Queredes ver como traballamos? ahí van unhas fotiños...


 
 
Tamén decorámolo corredor da nosa escola.
Este martes adicámolo á sesión de plástica, a partires dun rolo de papel hixiénico e un soporte para froita, imos facer .... Un cogumelo! Chulisimo... Xa o veredes próximamente.
 
Aquí estamos pintando.


 
Este venres comeza a "funcionar" a MOCHILA VIAXEIRA; os pequenos/as  levarana o venres e a devolverán o martes. Poden desfrutar dela ao longo do fin de semana. Dentro desta mochila tedes toda a información que precisades, así coma consellos para crear hábitos lectores.
Lembrade coidar os materiais e non extravialos. Espero que desfrutedes moito da experiencia!
 
 
ATA A PRÓXIMA ENTRADA!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario