domingo, 9 de noviembre de 2014

SAMAIN NO FEAL


Ola a todos/as de novo... Xa estamos aquí unha vez máis para contarvos o que fixemos nesta última quincena.
A verdade e que estivemos moi atarefados coas celebracións do Samaín e mailo Magosto: decoralos corredores, facer cogumelos, plástica de outono, pantasmas terrorifícos, cancións... Agora toca amosar os resultados finais, e observar o ben que o pasamos.
 
Colaboramos cos maiores nun mural moi especial, dun conto que nos gusta moito:
 
"Corre, corre, cabaciña".

Tamén lemos o conto na clase e visionamos o vídeo... Queredes escoitalo vos tamén? Premede no seguinte vídeo.
 

 
Está claro que o Samaín pode dar algo de medo, pero nós non tivemos ningún reparo en aprendernos unha canción de esqueletes moi divertida. No seguinte enlace podedes aprendela vós tamén, se queredes.
 
 
Levamos para casa as nosas antifaces de cabaza e a postal terrorífica de Samaín.
 
 
 
 
 
 
Para celebrar este día, as 3 aulas de infantil (3,4 e 5 anos) xuntámonos para baleirar a cabaza de Carla Hermida, debaixo das árbores do patio dos maiores. Foi moi divertido, na páxina web do cole hai un enlace onde se pode ver como o fixemos.
 
 ENLACES VÍDEO
http://www.youtube.com/watch?v=DkINT2WQVBw&feature=player_embedded
http://www.edu.xunta.es/centros/cpifeal/
 

Enchemos o "bandullo" comendo na clase castañas, noces e a deliciosa granada que trouxo Aitana Rúa e tamén experimentamos e observamos, ademáis de xogar a "encestar" no "castañocesto" que temos na clase, a verdade e que a puntería non era moi boa... tamén fixemos series con ditos froitos.


Como ben sabedes, as tarefas plásticas gustános moito, e nas seguintes imaxes podedes vernos en acción, pintando a nosa setiña, que levamos para casa polo Magosto.



ESTE FOI O RESULTADO FINAL.... espero que vos gustasen! "Son venenosas!" Dixo un neno na clase, "Por que son rojas y con puntos blancos de veneno".... ja ja

E pouco a pouco imos collendo o gusto á pintura e imos facendo moito mellor as tarefas plásticas, como se pode observar.
 
 
 
Para rematar, amosovos neste vídeo como baleiramos a cabaza da profe, na clase. As fotiños quedaron torcidas... Ainda así, espero que vos guste! 

 
samain 2014- o feal on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario