sábado, 29 de noviembre de 2014

O MAGOSTO 2014

 
 
Aquí estamos unha vez màis... á mestra Sandra case olvidáselle amosarvos a "Festa do Magosto" que celebramos no cole, a principios do mes de Novembro.
Estou segura que os meus rapaces "xa fixeron a dixestión das castaniñas" por que pasou demasiado tempo... e o Nadal està á volta da esquina e na clase xa estamos elaborando cousiñas, facendo tarefas e manualidades relacionadas con estas festas tan entrañables para os máis pequenos.
 
Asi que... aquí vos amoso nestas fotiños o ben que o pasamos no Magosto
 co resto de compañeiros/as do Cole.
Celebrámolo no patio cuberto (tódalas aulas de infantil e primaria), tomamos castañas e leite e despois saímos ao patio dos maiores a facer xogos populares,
coma por exemplo o xogo da rá,... entre outros máis.
 
 
 




Aquí estamos todos/as preparados coas nosas coroas e cartóns de leite decorados, preparados para saír á festa. Algúns tiñan moita fame de comer castañas, outros prefiriron levar unhas poucas para compartir coas súas familias.




Xogamos un pouco aos diferentes xogos tradicionais, que aportou un mestre de
educación física de Secundaria.

 
O 11 de Novembro celebrase o SAN MARTIÑO e o noso refraneiro popular Galego dí:
 
"POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO" 
 
Memorizamos e recitamos o refrán na clase, para recitalo despois na casa ás nosasfamilias. Amoseilles no ordenador diversos trompos, buxainas ou peonzas. E conteilles que antigamente os rapaces xogaban moito con elas.
De recordo levamos un colgante de "buxaina cunha castaniña da festa do Magosto".
 
------------------------------------------------------------------------------------------------------
 
 
O 11 de Novembro, fixemos a nosa primeira saída deste curso. Estábamos un pouco nerviosos pero moi contentos por ir no bus. A profe asignounos por parellas e portámonos xenial. 
Vimos a obra constalacións baseada na obra de Joan Miró a cargo da compañía Aracaladanza, a continuación deixovos unhas imaxes-cadros deste pintor que foron representadas e reinterpretadas na representación teatral.

Os artistas da obra, representaron estas formas e deron vida a estes cadros...Se premedes no seguinte vídeo promocional poderedes observar o que viron os voso fillos/as.
 
  
 
 Xa pra rematar a entrada do blogue, neste vídeo podedes ver as nosas cariñas antes de chegar ao teatro cando íamos no bus.
 
 
 

1ª saída 2014- O FEAL- 4 ANOS on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario