miércoles, 28 de mayo de 2014

EXCURSIÓN

CASTELO DE SAN ANTÓN

Fai unhas cantas semanas os nenos e nenas de 5 anos A e B, fomos de excursión á Coruña, a visitar o Castelo de San Antón. Pasámolo moi ben, tivemos a sorte de que tivemos 3 guías turísticos que nos explicaron moreas de cousas sobre a vida e historia do castelo, tamén nos amosaron cousiñas que tiñan no seu museo, algunhas eran dos celtas, dos romanos... algún compañeiro pensaba que estaba vendo era de Prehistoria.... pero vai ser que non! 




I

lunes, 26 de mayo de 2014

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS



Ola amiguiños! Hoxe quixera amosarvos algunhas celebracións e actividades que fixemos nestes últimos trimestres: Día do Libro, o Día da árbore, contacontos, actividades de Pascua, plástica... entre outras. 


O Día da árbore, o celebramos no patio dos maiores plantando co mestre Xoán uns "castaños de Indias", cunha regadeira, un sacho é un pouco de esforzo e colaboración, as prantamos entre todos/as os nenos/as de infantil. 







Esperemos que algún día desfrutemos da sombra destas árbores.


Tamén celebramos o Día do libro elaborando un bonito marcapáxinas.

Desfrutamos dunha sesión de CONTACONTOS na biblioteca do centro, onde nos contaron un conto divertidísimo sobre un neno que quería ser aprendiz do home do saco.
Outras das cousas interesantes que fixemos nunha destas xornadas, foi ver unha pequena colección de bichos e insectos que ten a profe Bibi, dado que os nenos/as de 4 anos A e B, están cun proxecto sobre insectos. Deixáronnos ver os seus materiais... Qué interesantes! canta expectación causou esta actividade!



Algúns era moi feos, e algún neno/a tivo algo de medo e reparo ( a profe tamén ja ja...) os nomes eran rarísimos  coma por exemplo: escorpión xigante, escarabello rinoceronte, picudo vermello, vinagrillo, araña de ouro... e de difrentes países coma: Malasia, Japón, Vietnan, India,China, Indonesia...


En plástica, fixemos uns ovos de Pascua coa colaboración da profe Eva (da cal xurdíu esta idea). Neste vídeo, podedes vernos como os fixemos. 


Estade moi atentos ao vídeo porque hai un "gazapo" escapouseme unha fotiño do cumple de aldara e ao final podedes ver as nosas bonecas das Meninas. Desfrutádeo!

OVOS DE PASCUA on PhotoPeach

sábado, 24 de mayo de 2014

CUMPLEANOS 2º E 3º TRIMESTRE

 Os meus pequerrechos foron cumprindo anos, ao longo deste 2º e 3º trimestre, cada día son máis maiores, responsables, educados e obedientes.... entre outras cousas máis.
Ainda que sei que pensábades que a profe non tiña fotos dos aniversarios, sí que as foi gardando, e hoxe quere compartir con todos vós algunhas fotiños dos últimos cumpres da nosa clase de 5 anos B. Aquí as tedes!

Aita, Aldara, Fredo e Nico son os nenos/as que cumpliron, convídaronnos a chuches e biscoitos. Gracíñas e parabéns a todos polos vosos 6 aniños!