lunes, 26 de mayo de 2014

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS



Ola amiguiños! Hoxe quixera amosarvos algunhas celebracións e actividades que fixemos nestes últimos trimestres: Día do Libro, o Día da árbore, contacontos, actividades de Pascua, plástica... entre outras. 


O Día da árbore, o celebramos no patio dos maiores plantando co mestre Xoán uns "castaños de Indias", cunha regadeira, un sacho é un pouco de esforzo e colaboración, as prantamos entre todos/as os nenos/as de infantil. 







Esperemos que algún día desfrutemos da sombra destas árbores.


Tamén celebramos o Día do libro elaborando un bonito marcapáxinas.

Desfrutamos dunha sesión de CONTACONTOS na biblioteca do centro, onde nos contaron un conto divertidísimo sobre un neno que quería ser aprendiz do home do saco.
Outras das cousas interesantes que fixemos nunha destas xornadas, foi ver unha pequena colección de bichos e insectos que ten a profe Bibi, dado que os nenos/as de 4 anos A e B, están cun proxecto sobre insectos. Deixáronnos ver os seus materiais... Qué interesantes! canta expectación causou esta actividade!



Algúns era moi feos, e algún neno/a tivo algo de medo e reparo ( a profe tamén ja ja...) os nomes eran rarísimos  coma por exemplo: escorpión xigante, escarabello rinoceronte, picudo vermello, vinagrillo, araña de ouro... e de difrentes países coma: Malasia, Japón, Vietnan, India,China, Indonesia...


En plástica, fixemos uns ovos de Pascua coa colaboración da profe Eva (da cal xurdíu esta idea). Neste vídeo, podedes vernos como os fixemos. 


Estade moi atentos ao vídeo porque hai un "gazapo" escapouseme unha fotiño do cumple de aldara e ao final podedes ver as nosas bonecas das Meninas. Desfrutádeo!

OVOS DE PASCUA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario