lunes, 25 de junio de 2018

XUÑO 2018

 ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE
Os últimos días de clase tivemos moreas de actividades diferentes: festas, celebracións na aula, agasallos, carreira...
Aquí tedes algunha mostra fotográfica do que fixemos.


Participación nas actividades da ANPA.
 Exhibicións de patinaxe, pin-pón e baile moderno.

ANIMACIÓNS MUSICAIS VARIADAS E CONTACONTOS AO LONGO DA XORNADA 
 



UNHA MERÉNDOLA-FESTA COS COMPAÑEIROS/AS NO PARQUE DE INFANTIL.






 
Agora para rematar esta última entrada do Bloge. 
Deixarvos esta fotiño de grupo tan chuli que nos fixo a profe.
BO VERÁN A TODOS/AS E FELIZ DESCANSO!
 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 Éstos son os 2 cadernos que pedimos para o vindeiro curso.
 En Setembro entregarei a nota cos materiais funxibles que precisemos renovar (rotus, ceras... etc).
Deixovos tamén o calendario escolar para o vindeiro curso na seguinte ligazón.

martes, 19 de junio de 2018

II CARREIRA FIN DE CURSO

MÉRCORES 20 DE XUÑO
HORARIO: 10:00 A 13:00
II CARREIRA FIN DE CURSO
 DO 
CPI O FEAL

 ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA A DITA ACTIVIDADE PARA ANIMAR AOS VOSOS/AS NENOS/NENAS.


Aquí tedes algunhas das fotiños que puidemos facer ese día.

 TEMOS UNHAS CAMISETAS MOI CHULIS!

GRACIÑAS A TÓDOLAS EMPRESAS E NEGOCIOS POLA SÚA COLABORACIÓN.

lunes, 18 de junio de 2018

19 de Xuño

18 DE XUÑO 2018


Hoxe luns tivemos a nosa actuación de "Catro vellos mariñeiros". A verdade.... e que estábamos moi nerviosos, pero... sabíamos moi ben a coreaografía e as tres estrofas que íamos cantar.
Chegou o momento.... fomos os primeiros, e fixémolo xenial!
Parabéns a todos/as os rapaces de infantil que cantaron con ilusión e ganas.
Foi unha mágoa que as nosas compañeiras Candela, Jimena e tamén Juan Carlos, non puideran acompañarnos.
No backstage do Pazo antes de saír .
Aquí estamos preparándonos!


--------------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------
                                           CUMPLEANOS DOS MESES DE VERÁN
Estes compañeiros/as Jimena e Antonio e máis Bruno, convidaron a todos a bizcoito. Quixeron anticiparse un pouco ao seu cumple dado que cumplen en verán.
Parabéns por anticipado rapaces! 


 Cumple doble


viernes, 8 de junio de 2018

Saída á granxa do Belelle

 GRANXA ESCOLA DO BELELLE

O tempo deu algo de tregua ao longo da xornada, estábamos todos/as moi entusiasmados/as.
 Foi unha mágoa que Ainhoa e J. Carlos non puideran asistir.
Participamos nos Obradoiros e observamos os animais cos monitores da granxa. O que máis lles gustou foi o porco vietnamita.
No bus pasámolo pipa cantando! 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Cumpleanos mes de Xuño

CUMPLEANOS MES DE XUÑO
AQUÍ ESTÁN OS HOMENAXEADOS DO MES!
ANDREA E NOEL CON AINHOA  AMBOS CUMPLEN O MESMO DÍA.
PARABÉNS!



Informacións mes de xuño

INFORMACIÓNS
MES DE XUÑO

  • Aberto o prazo de formalización de matrícula (4 ao 8 de xuño).
  • Martes 12 e mércores 13 de xuño, as familias poden retirar as entradas na billeteira do Pazo (una soa entrada por familia) en horario de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.
  • Luns 18 de xuño ás 10:00h. Festival de fin de curso no Pazo de Cultura de Narón. Ese día o horario do alumnado será o habitual (9:00 a 14:00).
  • Mércores 20 de xuño terá lugar no cole, a 2ª Carreira Escolar do Feal.
  • Xoves 21 de xuño, entrega de notas e as carpetas cos materiais escolares do 3º trimestre.