lunes, 22 de diciembre de 2014

VACACIÓNS DE NADAL 2014!

 
BO NADAL A TODOS! 
 
Benvidos/as a todos ao blogue das Formiguiñas. Primeiramente, antes de empezar a contarvos que fixemos na última quincena do mes de Decembro, quixeramos darvos unha calurosa benvida
 con este vídeo de pequenos noeliños e noeliñas,
que vos resultarán moi familiares e entrañables para cada un de vós.
 
 
 
Aquí estamos todos preparados/as antes de cantar a panxoliña " A luz do Nadal" de Mama Cabra que interpretamos cos compañeiros 3, 5 e a escola de Freixeiro.
 
 
 No  seguinte enlace da páxina web do cole, no apartado de infantil,
está o noso vídeo, premede nel!
 E observade o ben que cantamos.
 
 
 Nas últimas semanas estivemos traballando a reo para rematar os traballiñoas e facendo diversas actividades plásticas, qué esperamos vos gustasen moito.


Axudamos á profe a gardar as cousiñas de maneira ordenada na carpeta que logo imos levar para casa para amosalas á familia.



A última semana tivemos moita leria... fomos ao cine! a ver a película...

 
E despois... a merendar bizcoito con colacao! Como si fosemos maiores, por que estivemos sentadiños en grupos na terraza dunha cafetería no centro comercial,
Qué non nos creedes pois mirade!
 












Non quedou ningunha faragulla!


 E por se isto non fose pouco... o venres tivemos festa de nadal cos compañeiros/as de toda a etapa de infantil, todos/as aportamos doces navideños que compartimos no corredor cunha pequena festa, Eso sí! antes a profe pintounos a cara para ir ben guapos/as,
estos son algúns dos compañeiros/as xa debidamente engalanados para o evento.





Cando rematamos a festa fomos todo o Cole do Feal, a un espectáculo de maxia!

 
Neste vídeo podedes vernos durante a merenda e outros momentos previos da festa. Gracias de antemán polos doces aportados para a festa!
 


Xa para rematar a derradeira entrada no blogue deste curso 2014. Gustaríame amosarvos como estaba engalanado o cole do Feal por dentro... os corredores estaban decorados con muráis navideños e sobre todo árbores moi chulas, por non falar das nosas portas de Infantil e Primaria que estiveron debidamente engalanadas para esta ocasión! Co único obxectivo de transmitir alegría e maxia a todos os nosos alumnos.



 
FELICES FESTAS A TODOS
E EN ESPECIAL
AOS MEUS PEQUERRECHOS,
 BO NADAL E ....
 
ATA O PRÓXIMO ANO!