miércoles, 11 de mayo de 2016

Experimentos e Ano Internacional das Legumes.



Levamos a cabo pequenos talleres de experiemtnación e observación.
Imos amosarvos algún... e explicar un pouco en que consistiu! Aproveitamos o rotus vellos que tiñamos gardados para reciclar, os rompimos cun martelo (coa axuda da profe) e extrouxemos  o cartucho de tinta do seu interior, a continuación, enchimos varios vasos de auga e metimos as"tintas", pronto as cores impregnaron a auga coa súa correspondente cor. Despois, metimos unhas margaridas que alguén trouxo.
Ao día seguinte... As margaridas Xa non eran brancas! As margaridas "absorveron" a auga coloreada e este foi o resultado.

Outros dos nosos pequenos experimentos e traballo plástico, foi prantar unhas lentellas (dado que nos atopamos no "Ano Internacional das Legumes", dentro dunha cáscara de ovo! Incrible non?
O resultado foi moi bonito.


Aquí está o proceso. Cómo podedes ver... a partires de materiais sinxelos e de orixen natural (legumes e ovos) e de reciclaxe (rolo de papel hixiénico) podemos elaborar con arte e cretividade cousas tan chulis coma estas para os nosos pequenos/as.

OVOS CON PELO DE LENTELLAS

Pizzas e froita.


VIVA ITALIA!

Cómo ben sabedes todos/as, estamos a traballar na clase, a partires de materiais de refugallo de diferentes orixes, xa sexan natural ou artificial. 
Unhas das últimas tarefas prásticas que elaboramos foron a partires de PRATOS DE CARTÓN.
E aproveitamos para traballar hábitos positivos en relación coas comidas súdables.
Os nenos/as adoran comer pizza, falamos da súa procedencia e orixe, como se fai e que ingredientes se poden añadir á hora da súa elaboración.
Nos fixemos unha receta moi divertida e particular!


Lorena, condimentando a súa pizza con ourégo!

Aquí podedes ver a tódolos COCIÑEIROS/AS elaborando as súas recetas, pensando os seus ingredientes e elaborando as súas deliciosas PIZZAS ITALIANAS.

Unha pizza italiana moi divertida







Tamén tivemos tempo, para otorgarlle importancia á FROITA, falar das súas propiedades, vitaminas... e o fresquiña que está nesta tempada e a cantidade de opcións que temos nos supermercados e froitarías da nosa comarca.
Foron elaboradas a partires de pratos de cartón! Sandías, kiwis, laranxas, mazás e limóns... dan vida ao corredor de infantil.
A continuación.. unha escolma de fotos, de cómo o fixemos.
Froitas deliciosas, refrescantes e de tempada.

Quedamos de pedra!


Pedra, pedriña...


De Pedra! Tiveron que quedarse as nosas familias do Feal, cando fai unhas semanas os rapaces de infantil comezamos a levar unhas tarefas plásticas, feitas a partires de PEDRAS e materiais de refugallo.

Non cabe lugar á dúbida... que é importante favorecer a creatividade e a imaxinación nos nosos nenos dende idades temperás. Unha pedra... transformala nun cactus, ou nunhas xoaniñas e abellas? parecía imposible pero conseguímolo. Foi divertido e cretivo. A partires dos elementos que atopamos na natureza, podemos transformalos en cousas máis belas, ainda se cabe.
Aquí podedes ver unhas fotiños e a continuación o vídeo de cómo o fixemos.





DE PEDRA!


TEMOS MASCOTAS!

cómo xa vamos moi maiores, a profea agasallounos 2 peixiños de auga fría. E temos unhas cantas responsabilidades, limpiala la auga e darlles de comer ademáis de non facer moito "boreo" por que os pobres estresanse co ruído pero... isto ainda non o conseguimos.
Queredes coñecelos? 
Chámanse ovo e tortilla!


Saídas, excursións e visitas.



O martes 10 de Maio, os nenos e nenas da aula de 5 anos, fomos convidados/as polo Concello, a visitalas súas instalacións .
Estivemos no Archivo Municipal, explicaronnos o seu funcionamento e organización e a importancia deste Departamento para a conservación do documentos. 
Tivemos a oportunidade de falar coa policia local, que tamén nos explicaron cousiñas sobre o seu traballo e amosaronnos a súa placa e o su cinturon especial con esposas e pistola, e falaron da labor que realizan nas rúas e comarcas do concello.
Xa pra rematar, o alcalde José Manuel, recibiunos na sala de plenos e agasallounos cunhas gorras e uns contiños dos Bolechas. Puidemos facerlle unha morea de preguntas e algunhas peticións.

Levamos algunhas preguntas previamente preparadas, e despois preguntamos en diferentes quendas, algunhas destas preguntas tiñan que ver con... o seu traballo, cantas persoas traballaban no concello, que coidados facian nos parques e xardíns do concello e coles, fixemos peticións de mellora para o noso cole e parque do Feal, pedimos bancos e papeleiras... e máis cousiñas.




A semana pasada tivemos simulacro de incendios no cole. Non nos alarmamos moito, foi unha boa experiencia. 
Amosaronnos cómo era o camión de bombeiros, que aparellos e utensilios dispoñian e deixaronnos poñer o seu casco. Explicaron tamén que temos que facer se vemos un incendio ou unha emerxencia, que é chamar ao 112.
Aproveitamos a ocasión para facer preguntas sobre os coidados que se deben ter nos montes, nos parques.... para o coidado e prevención de incendios nosa contorna.