miércoles, 11 de mayo de 2016

Saídas, excursións e visitas.



O martes 10 de Maio, os nenos e nenas da aula de 5 anos, fomos convidados/as polo Concello, a visitalas súas instalacións .
Estivemos no Archivo Municipal, explicaronnos o seu funcionamento e organización e a importancia deste Departamento para a conservación do documentos. 
Tivemos a oportunidade de falar coa policia local, que tamén nos explicaron cousiñas sobre o seu traballo e amosaronnos a súa placa e o su cinturon especial con esposas e pistola, e falaron da labor que realizan nas rúas e comarcas do concello.
Xa pra rematar, o alcalde José Manuel, recibiunos na sala de plenos e agasallounos cunhas gorras e uns contiños dos Bolechas. Puidemos facerlle unha morea de preguntas e algunhas peticións.

Levamos algunhas preguntas previamente preparadas, e despois preguntamos en diferentes quendas, algunhas destas preguntas tiñan que ver con... o seu traballo, cantas persoas traballaban no concello, que coidados facian nos parques e xardíns do concello e coles, fixemos peticións de mellora para o noso cole e parque do Feal, pedimos bancos e papeleiras... e máis cousiñas.




A semana pasada tivemos simulacro de incendios no cole. Non nos alarmamos moito, foi unha boa experiencia. 
Amosaronnos cómo era o camión de bombeiros, que aparellos e utensilios dispoñian e deixaronnos poñer o seu casco. Explicaron tamén que temos que facer se vemos un incendio ou unha emerxencia, que é chamar ao 112.
Aproveitamos a ocasión para facer preguntas sobre os coidados que se deben ter nos montes, nos parques.... para o coidado e prevención de incendios nosa contorna.


No hay comentarios:

Publicar un comentario