miércoles, 11 de mayo de 2016

Experimentos e Ano Internacional das Legumes.



Levamos a cabo pequenos talleres de experiemtnación e observación.
Imos amosarvos algún... e explicar un pouco en que consistiu! Aproveitamos o rotus vellos que tiñamos gardados para reciclar, os rompimos cun martelo (coa axuda da profe) e extrouxemos  o cartucho de tinta do seu interior, a continuación, enchimos varios vasos de auga e metimos as"tintas", pronto as cores impregnaron a auga coa súa correspondente cor. Despois, metimos unhas margaridas que alguén trouxo.
Ao día seguinte... As margaridas Xa non eran brancas! As margaridas "absorveron" a auga coloreada e este foi o resultado.

Outros dos nosos pequenos experimentos e traballo plástico, foi prantar unhas lentellas (dado que nos atopamos no "Ano Internacional das Legumes", dentro dunha cáscara de ovo! Incrible non?
O resultado foi moi bonito.


Aquí está o proceso. Cómo podedes ver... a partires de materiais sinxelos e de orixen natural (legumes e ovos) e de reciclaxe (rolo de papel hixiénico) podemos elaborar con arte e cretividade cousas tan chulis coma estas para os nosos pequenos/as.

OVOS CON PELO DE LENTELLAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario