miércoles, 11 de mayo de 2016

Pizzas e froita.


VIVA ITALIA!

Cómo ben sabedes todos/as, estamos a traballar na clase, a partires de materiais de refugallo de diferentes orixes, xa sexan natural ou artificial. 
Unhas das últimas tarefas prásticas que elaboramos foron a partires de PRATOS DE CARTÓN.
E aproveitamos para traballar hábitos positivos en relación coas comidas súdables.
Os nenos/as adoran comer pizza, falamos da súa procedencia e orixe, como se fai e que ingredientes se poden añadir á hora da súa elaboración.
Nos fixemos unha receta moi divertida e particular!


Lorena, condimentando a súa pizza con ourégo!

Aquí podedes ver a tódolos COCIÑEIROS/AS elaborando as súas recetas, pensando os seus ingredientes e elaborando as súas deliciosas PIZZAS ITALIANAS.

Unha pizza italiana moi divertida







Tamén tivemos tempo, para otorgarlle importancia á FROITA, falar das súas propiedades, vitaminas... e o fresquiña que está nesta tempada e a cantidade de opcións que temos nos supermercados e froitarías da nosa comarca.
Foron elaboradas a partires de pratos de cartón! Sandías, kiwis, laranxas, mazás e limóns... dan vida ao corredor de infantil.
A continuación.. unha escolma de fotos, de cómo o fixemos.
Froitas deliciosas, refrescantes e de tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario