sábado, 23 de febrero de 2019

O MECO 2019

O venres O MECO do FEAL, deu o seu pistoletazo de saída, coa súa primeria orde para o luns.
Os encargados/as de dar a información foron os rapaces de infantil de 3, 4, e 5 anos coa profe Vanesa, que lle gusta moito a troula.

jueves, 21 de febrero de 2019

Cumple de Leo

 A outra semana, celebramos o cumple de Leo, acompañados dos seus pais, Rocío e Luís.
Pasamos un rato agradable e divertido en boa compaña.
O bizcoito da avóa de Leo estaba delicioso! Non quedou nada!

…………………………………………….
………………….
……….
Visitamos o edificio do concello de Narón e coñecimos á súa alcaldesa.
Explicaronnos as diferentes dependencias, visitamos á Policia Local e fixemos moreas de preguntas aos policías e a Marian Ferreiro a alcaldesa.




Aquí estamos algúns dos compañeiros/as na sala de plenos, preparados coas nosas preguntas.
 
Agasallaronnos unhas gorras e un libro.

jueves, 14 de febrero de 2019

ENTROIDO 2019 - O FEAL

2019
A temática proposta para desfrazarse para estas datas, está adicada aos superhéroes, superheroínas, villanos e villanas... e calqueira persoaxe de cómic e/ou inventado, imaxinario…. que teña un súperpoder.
 
 

Nos seguintes días mandaremos información máis detallada en relación co Entroido no cole e os mandatos do Meco.

martes, 12 de febrero de 2019

NOVAS EXPERIENCIAS 2º trimestre

30 DE XANEIRO 2019

o 30 de Xaneiro celebramos o día da paz no pavillón de Primaria, cantando a canción "Por que no ser amigos" do grupo Hombres G.
Aquí temos algunhas das fotiños que fixemos nesa xornada.
As profes no recreo pintaronnos a cara, para ir acordes á festividade e elaboramos unhas pombiñas, que levamos a modo de colar.








Ao día seguinte, o xoves 31 de Xaneiro tivemos unha inesperada experiencia. Tivemos que evacuar todo o cole, debido a un problema na caldeira do centro.
Afortunadamente non pasou nada! 
E quedou todo  nun sustiño.
O equipo de emerxencias apareceu de seguido e o equipo directivo actuou rápidamente.

Aquí estamos trasladándonos ao pavillón de secundaria.
Moitos dos meus rapaces estaban preocupados "por que non merenderan e tiñan fame" ja ja ja…
…………………………………………………….
Outra experiencia que tivemos, foi a visita de Paulino un mestre xubilado apaixoado das estrelas, do cosmos e do Universo.
A súa  fala pausada e achegamento de contidos… espertou e captou o interese dos rapaces da aula.
Esta actividade foi organizada pola ANPA para tódolos rapaces de Infantil.



 ……………………………………………………………………………………………………….

OS VENRES TOCA EXPERIMENTOS
Os venres do 2º trimestre, están adicados á experimentación directa. Facemos experimentos sinxelos e moi doados de facer nas casas e na escola.
Lámpada de lava con Candela.
Aquí podemos ver a Tania coa súa nai preparadas para a actividade. 
Experimento, Lava de volcán: fairy, vinagre, colorante e bicarbonato.
Erupción  dun volcán. Marina e Tania, explicáronnos os pasos e todos estivemos atentos para ver a erupción desta maqueta tan chuli que elaboraron na casa.

Experimento coa profe Sandra, según Noel " Jackson Pollock en leche" ja ja ja.
Fairy, leite enteira, colorante alimenticio e bastonciños….. e maxia potaxia! Atentos, observade que sucede!
Repetiremos o experimento dado que ese día faltaban moitísimos compañeiros/as enfermos/as.



Seguiremos amosando as experiencias (temos unhas cantas máis... algunhas están en lista de espera).  
……………………………………………………………………………………….


O día 2 de febreiro celébrase o día da CANDELORIA.

En GALICIA é o día do casamento dos paxariños.

Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera.

Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.

'O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS'


Nós para conmemorar este día fixemos estes paxariños tan coloridos.


 Refraneiro popular
CANDO A CANDELORIA CHORA, MEDIO INVERNO VAI FÓRA,
QUE CHORE OU DEIXE DE CHORAR, MEDIO INVERNO ESTÁ POR PASAR

………………………………………………………………...


ATA A PRÓXIMA ENTRADA NO BLOGUE 
AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!