jueves, 9 de mayo de 2019

DINOSAURIOS 2019


3º TRIMESTRE
Aquí podedes ver o noso Recanto dos Dinosaurios, temos unha gran "Dinoteca" con libros  moi intresantes, que nos serven para investigar e ir desenvolvendo o Proxecto.



 ACTIVIDADE DE PALEONTOLOXÍA E DESCUBRIMOS A FIGURA DO PALEÓNTOLOGO
ACTIVIDADE NO PATIO
EXTRAÍMOS, CON DIFERENTES UTENSILIOS UNS FÓSILES ENTERRADOS.

No seguinte vídeo podedes ver actividades variadas do proxecto, materiais aportados, xogos, investigacións, contos, libros, manualidades, murais, fotos, marionetas.... e moito dinosaurio!
                 1ª parte
                                  Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
             2º Parte
                               Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

CUMPLEANOS MES DE MAIO

 
ALICIA E ALDAIR ESTIVERON DE CUMPLE!
PARABÉNS!


Merendamos froitiña ben fresquiña, todos estábamos moi entusiasmados/as co noso "COCODINO" elaborado cunha sandía, arándanos,  moras e fresas.
Desfrutamos de snacks variados e tarta de cumpleanos.
Graciñas familias!

PROXECTO PITIÑOS

Éramos pequeniños, tiñamos 3 aniños… 
e estábamos na aula de 3 anos.
Iniciamos a nosa andaina no Feal no curso 2016/17  con varios Proxectos…. O monstro de cores e os pitiños… entre outras cousiñas.
Lembro…. que Álex o pai de Laura trouxera a súa incubadora con óvos, e estivemos 21 días tachando no calendario para ver aos nosos pitiños! Pero non naceron… Cousas da natureza!
A profe (insistente cómo é) quixo volver a retomar ésta experiencia, e coa axuda de Álex esperamos ésta vez que os nosos de PITIÑOS cheguen a nacer.

PEQUENIÑOS, PEQUENIÑOS.... 
COMA OS PITIÑOS!
Fotos do baúl dos recordos: actividade de galiñas e pitiños (3anos)
 
 GRACIAS ÁLEX E LAURA POLA COLABORACIÓN!

 22 ÓVOS + 27 NENOS/AS+ 3 PEIXES+1GRILO+ 18 DINOSAURIOS....
ESTÁ CLARO.... NON COLLEMOS! ja ja ja










martes, 7 de mayo de 2019

OS MAIOS 2019

OS MAIOS 2019
AULA DE 5 ANOS
O FEAL
OBRADOIROS


…………………………………………..
XA SOMOS MAIORES!
ESTAMOS APRENDENDO A ATAR OS CORDÓNS

PERO.... PRECISAMOS PRÁCTICA E BASTANTE AXUDA!
QUEREDES AXUDARNOS DENDE CASA?
O VENRES 3 DE MAIO NON LEVARON AS CARPETAS DE LECTURA, AS LEVARÁN O VENRES 10 COMA SEMPRE.