miércoles, 7 de junio de 2017

PITIÑOS DE IKER SANJURJO

Estimadas familias, sei que todos/as estábades moi pendentes de se nacían os PITIÑOS. Pero... a verdade é que non foi así! 
Unha mágoa!
Entre as treboadas, o galo, e que a nosa teacher tomou a precaución de apagala regleta dos aparellos elécticos... Non tivemos sorte!

Ainda así, volverémolo a intentar nos vindeiros cursos. 
Gracias ao papá de Laura, Alejandro que estivo moi pendente das nósas  dúbidas e deixounos a incubadora. Gracias pola participación e colaboración.
 SORPRESA
Pero... ao final tivemos unha grata sorpresa da man de Eva a nai de Iker Sanjurjo, e apareceu con 3 pitiños na aula, e tivemos a oportunidade de velos.
Gracias `por estar tan atenta e compartir a experiencia cos rapaces.
Estaban moi entusiasmados e encantados. E aproveitamos para amosalos en tódalas clases de Infantil.
Iker estaba encantado cos pitiños do seu avó.











GRACIAS FAMILIA!

 Os pitiños volveron ao galiñeiro do avó de Iker, dado que precisaban moita caloriña, millo, fariña.. e a compaña da súa familia o Galo e a Galiña.
Así foi, como tódolos meus alumnos/as quedaron tranquilos. Por que a maioría querían que quedasen na clase!

CON PLUMAS

Ao longo do proxecto aprendimos que as aves están cubertas de plumas. As plumas poden ser de diversos tamaños, cores, formas... Tendo en conta todo isto o noso compañeiro Marcos trouxo plumas á clase e fixemos varias actividades, unhas de caràcter sensorial, de observación, pensamos de que aves podìan ser... E ata atrevimonos e escribir con elas.
Aquí tedes as imaxes das tarefas desta xornada.















 

martes, 6 de junio de 2017

PITIÑOS E POLOS

Ao longo destas semanas fixemos dúas manualidades moi chulis, sinxelas e divertidas.

UN PITIÑO
E
UN POLO 

Estas son as algunhas das fotos de sendas actividades plásticas.













ESPERAMOS QUE VOS GUSTASEN!

Coñecemos á irmá de Ainhoa.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

A nosa compañeira Ainhoa e a súa familia tiveron un agasallo moi especial fai mes e medio, unHa fermosa nena chamada
LARA.
Hoxe, aproveitando que Ainhoa celebraba o seu cumple, quixo presentarnos á súa irmanciña, acompaña dos seus país Víctor e Fátima.
Todos/as os nenos/as da clase aproveitaron para preguntarlles cousas dos bebés, Qué facía? Qué comía? Se facía moito pis?... entre outras máis.
Todos sabemos que os bebés saen das barriguiñas das súas nais, pero alguén aventurou na clase, cando a familia xa non estaba, que os traian as cigoñas.
Penso que o Proxecto dos pitiños e as galiñas, comeza a dar os seus froitos! E que tanto falar de picos, aves, ovos... os rapaces fan asociacións moi rápido!



AQUÍ ESTÀN OS PROTAGONISTAS DO DÍA!



PARABÉNS E GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!