martes, 6 de junio de 2017

VOLCÁN

UN VOLCÁN NA AULA!

A mestra María de Secundaria e algúns dos seus alumnos/as, viñeron amosarnos un "auténtico volcán con lava". O experimento era moi sinxelo, e os rapaces máis maiores encargaronse de amosarnos todo o proceso.

Tratábase de simular unha erupción volcánica aproveitando o desprendemento do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.
Misturando estes dous elementos, e empregando un pouco de colorante, o volcán entraba en erupción e saía a lava.


Nesta foto, pode apreciarse  a "lava".

 Todos estaban moi atentos e amosaron moito interese.

 Os rapaces maiores, explicaron paso a paso.



Gracias profe María!

No hay comentarios:

Publicar un comentario