martes, 6 de junio de 2017

Coñecemos á irmá de Ainhoa.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

A nosa compañeira Ainhoa e a súa familia tiveron un agasallo moi especial fai mes e medio, unHa fermosa nena chamada
LARA.
Hoxe, aproveitando que Ainhoa celebraba o seu cumple, quixo presentarnos á súa irmanciña, acompaña dos seus país Víctor e Fátima.
Todos/as os nenos/as da clase aproveitaron para preguntarlles cousas dos bebés, Qué facía? Qué comía? Se facía moito pis?... entre outras máis.
Todos sabemos que os bebés saen das barriguiñas das súas nais, pero alguén aventurou na clase, cando a familia xa non estaba, que os traian as cigoñas.
Penso que o Proxecto dos pitiños e as galiñas, comeza a dar os seus froitos! E que tanto falar de picos, aves, ovos... os rapaces fan asociacións moi rápido!



AQUÍ ESTÀN OS PROTAGONISTAS DO DÍA!



PARABÉNS E GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


1 comentario: