martes, 18 de marzo de 2014

DIFERENTES CELEBRACIÓNS

Cómo xa sabedes o 31 de Xaneiro celebramolo Día da Paz, elaborando un mural (que xa vichedes noutra entrada no blogue) pero o que non vichedes ainda, son os traballiños que fixemos con vós na casa. Aquí estamos todos orgullosos, antes de explicar a palabra que nos tocou. Aprendimos moitos valores con esta tarefa. Gracias pola colaboración.




























Ademáis da paz, tamén celebramos o DIA DE ROSALÍA elaborando e decorando un verso do poema "Has de cantar" dentro de "Cantares Galegos". Todo o cole xuntámonos no patio e o recitamos coas nosas pancartas xigantes.









Este é o poema que cantamos. Premede no seguinte ENLACE para escoitalo.



lunes, 17 de marzo de 2014

SOMOS RESPONSABLES!

O día 21 de Marzo dará entrada á Primavera. Pero nós xa estamos un pouco adiantados coa temática, dado que na Biblioteca agasalláronnos un bulbo de tulipán, e o prantamos na clase nunha maceta con terra, pero a profe trouxo moitos máis tipos de bulbos : grandes, pequenos, de lirios, xazmines, xacintos, tulipáns de cores, e os prantamos nun recipinte con auga e pedras Nada máis! e tachán, tachán! naceronnos 2 xacintos que arrecenden que dá gusto, e os tulipáns pronto brotarán, os temos no alféizar da ventá, e tódalas mañás os observamos e os regamos. Son toda unha responsabilidade para nós! 
Tamén temos que "coidar" unha mochila viaxeira dos Bolechas que nos encanta, e hai que procurar non rompelos nin enrugalos libros. Unha vez ao mes tocanos durante unha semana disfrutar de dita mochila. 

 





O NOSO ENTROIDO


Xa sei que o Entroido pasou... pero A quén non lle presta ver as fotos de cando íamos disfrazados? e observar o guapos e guapas que íamos. Cabe sinalar o disfraz de Sara que o elaborou coa súa familia, ía de RAIO, foi  "a sensación" na planta de infantil. Eu penso que se inspiraron con tanta "ciloxénesis explosiva" e o resultado  foi o seguinte.

AQUÍ ESTAMOS O RESTO DE COMPAÑEIROS

 




















E neste vídeo estamos celabrando o Entroido todos xuntiños.