martes, 18 de marzo de 2014

DIFERENTES CELEBRACIÓNS

Cómo xa sabedes o 31 de Xaneiro celebramolo Día da Paz, elaborando un mural (que xa vichedes noutra entrada no blogue) pero o que non vichedes ainda, son os traballiños que fixemos con vós na casa. Aquí estamos todos orgullosos, antes de explicar a palabra que nos tocou. Aprendimos moitos valores con esta tarefa. Gracias pola colaboración.




























Ademáis da paz, tamén celebramos o DIA DE ROSALÍA elaborando e decorando un verso do poema "Has de cantar" dentro de "Cantares Galegos". Todo o cole xuntámonos no patio e o recitamos coas nosas pancartas xigantes.









Este é o poema que cantamos. Premede no seguinte ENLACE para escoitalo.



1 comentario:

  1. O voso verso quedou chulísimo!!!
    Sodes uns artistas !!!

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar