miércoles, 27 de febrero de 2013

CUMPLEANOS NA AULA


Antía Pita, estivo de cumpleanos onte, nada máis e nada menos que 5 anos!E aquí estamos todos xuntos despois de sopla-la vela!


xogos


ordenador
 
Estimadas familias, na marxe dereita tedes unha relación de páxinas de xogos on line para os vosos fillos/as.
Hai de todo un pouco: contos, matemáticas, letras, entretemento, pintura...Todos os poden facer eles soíños, e tamén cos seus irmás maiores (no caso de telos). Espero que vos sexan útiles e o pasen moi ben.
Segundo pase o tempo  ireinos cambiando!

viernes, 22 de febrero de 2013

O meu incríble corpo de 4 anos!

Por qué los esqueletos no tienen pestañas? Sen dúbida, este podería ser o título do noso novo proxecto.


A pregunta  formulouna unha das miñas alumnas na asamblea! e fíxome moita gracia, son moitas as ocurrencias que tiveron ao longo da semana.
Queredes saber que queren aprender co novo proxecto? Pois estas son algunhas das cuestións que me plantexaron (e que ao longo deste tempo ireilles dando resposta... se é que podo! ás veces non é doado).
preguntas

- Por qué piensa el cerebro? Raúl.
- Cuántos huesos tiene un esqueleto? Por qué son tan duros los huesos? Iván.
- Por dónde va la sangre? Antía Solla y Noa.
-Por qué se nos caen los dientes de leche y después nacen "los de verdad"? Hugo Marin.
- Por dónde va la comida que comemos? Sara.
E a pregunta do millón é para: Cómo nacen los bebés? Ceci, Carolina,Aita, Tiago,Aldara... (todos)
...e outras moitas máis!!

anecdotas
Raúl: - Profe cómo nace el ombligo?
Felipe: - El ombligo no nace!! lo tenemos y punto.
Raúl: -Pero... para qué sirve?
Fredo: - Pois para darlle corda ao corpo e facer qué funcione!
Raúl e Felipe miran para Fredo moi abraiados coa nova información, rápidamente levantan os seus mandilóns, meten o dedo no embigo e case a o unísono dín: 
Felipe e Raúl: - Profe para eso no es fijo ... por que el mío no funciona... o está estropeado! 
 
Cómo podedes observar están moi entusiasmados coa nova temática, xa levamos 2 semanas, pero esta semana motivaronse moito máis cos materiais que aportachedes todos/as! esta maneira de ensino-aprendizaxe resulta moi enriquecedora para eles. 

  
 
Tamén fixemos moreas de traballiños
 

Non olvidedes preguntarlles que tal o pasaron na saída de hoxe!

Boa fin de semana a todas/as
 E unha vez máis...

Por todos os materiais aportados e se queredes seguir mandando materiais ou ideas que nos sirvan para pensar e despertar a nosa curiosidade sobre o Corpo humno, non dúbidedes en facelo!

viernes, 15 de febrero de 2013

Despois da troula... chega o amor!


Amor, tenrrura, agarimo, bico, sorriso, aperta...

Despois da troula, as carautas e o antroido choqueiro! Chega ata nós a semana do AMOR.
Semana curtiña, pero chea de emocións igualmente, o Xoves 14 chegamos á clase e a profe Sandra preguntou: Qué é o amor?
As respostas foron ben orixinais e inxeniosas.
Para axudarlles un pouco... amoseilles varias imaxes e obras de arte (as cales tiñan relación co afecto, a amizade, o amor fraternal, E cómo non? o desamor...) e entre todas elas estaban estas dúas, nas que fixen moito máis fincapé e acaparei tódala súa atención.

 EL BESO, obra do pintor austríaco Gustav Klimt.

Oservades amor nesta obra? Cariño? tenrura? Por qué ela está de rodilas e él de pé? Querense ou odiasen? Por qué ten os ollos pechados?...  

E un sin fin de preguntas máis co fin de formular hipóteses sobre unha obra de arte e favorecer e captar a súa atención máis alá da propia obra pictórica.
 Aos nenos/as da Etapa de Infantil hai que amosarlles a ser críticos nas súas observacións e percepcións! co fin de emitir xuízos de valor sobre o visionado.

O TAJ MAHAL na India

 Para qué cosntruirían este edificio? é bonito?
Fai falla construír un palacio se estás moi namorado?Qué cousas podemos facer por amor?...

O Taj Mahal na India, foi un templo que mandou construír un emperador chamado Sahah Jahan, cando a súa dona faleceu. O emperador estaba moi namorado e quedou sumido na tristeza, para lembrar á súa amada (chamada Mumtaz Mahal), mandou construír este mausoleo para non olvidala nunca! tardaron 22 anos en construílo! o edificio ten unha gran beleza que reflicte o amor do emperador pola súa muller.

Amor reflictese no arte, na pintura, escultura, arquitectura, música, literatura... e en todo o qué facemos no día a día, estamos rodeados deste sentimento. A profe sen dúbida, querenos moito, a pesar de rifar con nós, e mandarnos moreas de cousas! Para conmemorar este día agasallounos uns corazóns feitos a partires de materiais de refugallo.
A actividade non se puido facer no cole porque as pinturas cando se meten no forno desprenden un fume tóxico e moi molesto para todos/as! A actividade é sinxela: poñemos anacos de pinturas en moldes de silicona, poñemos o forno a 180º, metemó-los 15 mins. aproximadamente,
deixámolos enfriar e...  listo! Pintan de verdade!

Xa pra rematar a entrada de hoxe, gustaríame convidar a todas as familias, a visionar este vídeo do Programa Salvados da Sexta que se emitíu fai 15 días.
A min fíxome pensar moito!Gustaríame que reflexionasemos todos xuntos,  e emitísemos xuízos de valor (cómo cando o intento facelo cos meus alumnos).
Dá que pensar a reportaxe!

Por iso ás veces os mestres e as familias reinvidicamos o seguinte:


PREME NA IMAXE: -Cuestión de EDUCACIÓN-  
O vídeo organízase en 8 partes, cuns segundos de publicidade en cada un.

Gracias por adicarme o voso tempo! 

Boa fin de semana a todos/as!

sábado, 9 de febrero de 2013

IMOS POR PARTES!

Esta semana fixemos unha morea de cousas, pero temos que ir por partes e otorgándolle máis importacia a algunhas delas.

Primeiro, o luns celebramos o cumpreanos de SARA, xa ten 5 anos! convidounos a bizcoito! Parabéns pequerrecha.
E aquí estamos todos xuntiños antes de sopla-la vela e cantar "Cumpreanos feliz".

En segundo lugar, esta noticia non nos gustou nada, pero... a nosa compañeira NEREA cambia de cole por que xa non vive no Burgo e tense que trasladar! a botaremos moito de menos (sobre todo Claudia, á cal estaba moi unida), esperamos que teña moita sorte e faga amigos pronto! por iso o xoves, fixemoslle "un día especial", foi a protagonista da xornada: caramelos, coroa, agasalliños, debuxos, bicos, apertas... para que marche cun "bo sabor de boca" e que nos lembre sempre con moito agarimo.



 En terceiro lugar, celebramos o...
entroido
 
De todo señores! sí, sí... tiñamos de todo! mirade...
 














VÍDEO



Felices vacacións de entroido, descansade. Vémonos o xoves!
 saúdiños a Felipe e Laura que seguen enfermiños.