viernes, 15 de febrero de 2013

Despois da troula... chega o amor!


Amor, tenrrura, agarimo, bico, sorriso, aperta...

Despois da troula, as carautas e o antroido choqueiro! Chega ata nós a semana do AMOR.
Semana curtiña, pero chea de emocións igualmente, o Xoves 14 chegamos á clase e a profe Sandra preguntou: Qué é o amor?
As respostas foron ben orixinais e inxeniosas.
Para axudarlles un pouco... amoseilles varias imaxes e obras de arte (as cales tiñan relación co afecto, a amizade, o amor fraternal, E cómo non? o desamor...) e entre todas elas estaban estas dúas, nas que fixen moito máis fincapé e acaparei tódala súa atención.

 EL BESO, obra do pintor austríaco Gustav Klimt.

Oservades amor nesta obra? Cariño? tenrura? Por qué ela está de rodilas e él de pé? Querense ou odiasen? Por qué ten os ollos pechados?...  

E un sin fin de preguntas máis co fin de formular hipóteses sobre unha obra de arte e favorecer e captar a súa atención máis alá da propia obra pictórica.
 Aos nenos/as da Etapa de Infantil hai que amosarlles a ser críticos nas súas observacións e percepcións! co fin de emitir xuízos de valor sobre o visionado.

O TAJ MAHAL na India

 Para qué cosntruirían este edificio? é bonito?
Fai falla construír un palacio se estás moi namorado?Qué cousas podemos facer por amor?...

O Taj Mahal na India, foi un templo que mandou construír un emperador chamado Sahah Jahan, cando a súa dona faleceu. O emperador estaba moi namorado e quedou sumido na tristeza, para lembrar á súa amada (chamada Mumtaz Mahal), mandou construír este mausoleo para non olvidala nunca! tardaron 22 anos en construílo! o edificio ten unha gran beleza que reflicte o amor do emperador pola súa muller.

Amor reflictese no arte, na pintura, escultura, arquitectura, música, literatura... e en todo o qué facemos no día a día, estamos rodeados deste sentimento. A profe sen dúbida, querenos moito, a pesar de rifar con nós, e mandarnos moreas de cousas! Para conmemorar este día agasallounos uns corazóns feitos a partires de materiais de refugallo.
A actividade non se puido facer no cole porque as pinturas cando se meten no forno desprenden un fume tóxico e moi molesto para todos/as! A actividade é sinxela: poñemos anacos de pinturas en moldes de silicona, poñemos o forno a 180º, metemó-los 15 mins. aproximadamente,
deixámolos enfriar e...  listo! Pintan de verdade!

Xa pra rematar a entrada de hoxe, gustaríame convidar a todas as familias, a visionar este vídeo do Programa Salvados da Sexta que se emitíu fai 15 días.
A min fíxome pensar moito!Gustaríame que reflexionasemos todos xuntos,  e emitísemos xuízos de valor (cómo cando o intento facelo cos meus alumnos).
Dá que pensar a reportaxe!

Por iso ás veces os mestres e as familias reinvidicamos o seguinte:


PREME NA IMAXE: -Cuestión de EDUCACIÓN-  
O vídeo organízase en 8 partes, cuns segundos de publicidade en cada un.

Gracias por adicarme o voso tempo! 

Boa fin de semana a todos/as!

No hay comentarios:

Publicar un comentario