viernes, 1 de febrero de 2013

Paz 2013

paz
 
 
Esta semana celebramos o Día da Paz, como cada 30 de Xaneiro!
Para dita celebración engalanamos o corredor e fixemos uns colares hippies, moi chulos de moitas cores, o máis chamativo era que tiñan macarróns pintados...
 Queredes ver tódolos preparativos que fixemos para este día, tan sinalado? 
 
 

Como pódedes observar... a tarefa a fixemos a semana pasada, por iso moitos dos nosos/as compañeiros/as que están enfermos/as saen no vídeo.
Qué esten tranquilos/as que temos os colares da Paz gardadiños, para que eles mesmos/as os levan á casa.
E aquí temos outra breve escolma de imaxes relacionadas coa Paz.


Por último desexarlles aos enfermiños/as que se melloren e volvan recuperados á clase!
Namentres vos deixamos esta foto que tomamos hoxe... Qué pouquiños eramos eh?

entroido
 
Hoxe Venres mandouse unha nota informativa ás familias que decía así:
Un ano máis achégase o entroido e con él as orellas, filloas, rosquillas e os disfraces.
Este ano volvemos pedir a vosa colaboración para que todos os nenos desfruten dunha merenda colectiva  de alimentos típicos destas datas.
precisamos ue cada nenos aporte algún producto o xoves 7 de febreiro ou o venres 8. Dita merenda a celebraremos o venres a media mañán e todo o alumnado disfrutará dunha festa de disfraces.
Recordámoslles que as clases reanudaranse o vindeiro xoves 14 de Febreiro.
 Na Etapa de Infantil, os nenos/as poden vir disfrazados de casa como desexen, coa condición de que o disfraz sexa cómodo (non enteiro), para que teñan unha maior autonomía para ir ao baño.
Se o disfraz ten complementos, teñen que ter o nome, ademáis deben evitarse complementos que impliquen violencia ou entrañen perigo.
Boa fin de semana a todos/as!

No hay comentarios:

Publicar un comentario