viernes, 25 de enero de 2013

ADIVIÑANDO

Esta semana Raúl cumplíu 5 anos e quixo celebralo con todos nós, convidándonos a un rico bizcoito; non quedou nada... e iso que faltaban 8 compañeiros que estaban enfermiños!



... Pouco a pouco imos todos/as cumprindo anos! e facendonos maiores... por iso cada vez a profe ten que ir complicando un pouco máis as tarefas e as responsabilidades. Esta semana xogamos ás adiviñanzas. Consiste en prestar atención ao que dí a profe nunha especie de xogo de palabras... ás veces hai palabras escondidas  e outras tan só temos que pensar que será! mirade!

A profe Sandra contounos que cando ela era pequena os seus avós recitabanlle unha adiviñanza moi divertida para ver se ela o descubría. Nós xa sabemos que é? e vós?

CHOCO PASOU POLA MIÑA CASA
LATE DO MEU CORAZÓN!
SE NON Ó ADIVIÑAS
 E QUE ERES...
UN GRAN LAMBÓM!


Parecevos complexa? pois aquí tedes unha pista no seguinte crebacabezas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario