viernes, 18 de enero de 2013

INVERNO

Choiva, choiva e máis choiva... sen dúbida estamos en INVERNO!

Esta semana estivemos falando das características desta estación: frío, choiva, xeadas, saraiba, neve ... moita roupa de abrigo como as luvas, bufandas, chuvasqueiros, botas...
Esta foi unha das cancións que andivemos "canturreando" ao longo desta semana.
Premede no vídeo para velo! e non dúbidedes en cantar!


Xa que o tempo o permite... engalanamos a porta e o corredor cunhas bonitas folerpas de neve, despois cando rematamos, xogamos nos recantos para entrar "un pouquiño en calor",
mirade como dicimos a verdade!

Tamén estivemos facendo uns cadros de Luis Seoane ben chulos: Muller sentada é a Árbore.
Aquí podedes ver o proceso.


Boa fin de semana a todos/as ata a próxima! 

1 comentario:

  1. Pero estes nenos e nenas do Burgo...están feitos uns artistas!!! Encántanme os vosos traballos!!! Parabens á profe! Bicos das miñas bolboretas e meus! Saleta

    ResponderEliminar