viernes, 28 de septiembre de 2012

O XARDIN MÁXICO DAS LETRAS

Algo especial aconteceu esta semana na nosa aula... foi todo un misterio! de súpeto un día apareceron unhas persoaxes, despois do recreo chámabanse: Úrsula, Emilio, Inma, Ana e Óscar (uns nenos moi simpáticos) viñan acompañados de Aurelio o xardineiro, dous  patos que eran irmáns... e todos convivían no xardín máxico e soían xogar a sombra da "Árbore da risa", ademáis tamén estaba un galo que se chamaba Pepín o cal acostumaba a espertar a todo o mundo, ben cediño pola mañá... dicindo: Kikirikiiiiii !!!  pero o máis increíble foi que nos naceu unha flor, que se chamaba MARIVÍ e facía Li, lí, lí e as veces tan só facía i, i, i....

 Seguro que algo desta historia chegou á casa (e a noticia é de todo certo) falamos de auténtica maxia!! Qué non nos creedes? pois mirade, mirade!!






CUMPLEANOS DE NOA

Tamén tivemos a festa de cumpreanos de Noa que cumpríu o martes 25 de setembro 4 aniños, toda unha moza xa! trouxonos  bizcoito e gusanitos. Parabéns pequerrecha ! gracias en nome de todos os compañeiros/as, á túa familia por convidarnos.



Mirade qué maior está eh? os anos parecen qué non pasan por ti, ningunha enrruga!!


Información para as familias
  • Lembrade traerme a carpeta do curso anterior (baleira) ou mercar unha nova para levar os traballiños ás casas; se a mercades lembrade que ten que ter tapas no seu interior.
  • Entre o luns e o martes preciso que me mandedes o nº das matrículas do coche e a súa marca.
  • Hai nenos/as que seguen a traer a roupa sen nome. Corredes o risco de extraviala e perdela.
  • Hoxe levaban unha circular da ANPA con información para as familias.
  • Os sobres de plástico teñen que ser devoltos, sempre.
  • Hai nenos/as que ainda lles falta material!! por favor facedemo chegar canto antes!
GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN

viernes, 21 de septiembre de 2012

AS NOSAS TAREFAS



Xa estamos integrados plenamente na rutina escolar e comezamos a traballar nas nosas primeiras tarefas: volver a facer o 1, 2 e mailo 3, o nome, o nome dos compañeiros, empregar diferentes materiais plásticos, cancións, música, bailes e lectura de contos... estreamos os recantos e fixemos unha morea de cousas máis... a próxima semana comezamos cos libros novos... Qué nervios! cantas cousiñas nos esperan ainda!

Aquí tedes unha  breve secuencia fotográfica do que foi a nosa semana .




Tamén saímos ao patio, e xa andamos forxando as nosas primeiras amizades... ainda que somos un grupo que nos queremos todos moito e xogamos os uns cos outros!

sábado, 15 de septiembre de 2012

Xuntos de novo!

Por fin comezamos o Cole! volvimos á nosa rutina.
Reencontramonos todos/as, estábamos nerviosos e moi inquedos... e incluso nos esquecimos dos nomes dalgúns compañeiros/as. Moitos bicos, apertas, caricias e sorrisos... para sosegar as emocións e as bágoas contidas dos meus pequerrechos/as.   Pero comezamos con ganas e boa actitude esta primeira semana (Curtiña para adaptarnos ben!) Aula nova, percheiros e baños novos, mochilas, materiais, libros, pinturas, xoguetes... unha morea de novidades!! estamos entusiasmados e cheos de bos propósitos ¿Cánto durará isto? non o sei... o tempo nolo dirá. Namentres aquí vos deixo a foto que demostra que o curso 2012-2013 acaba de comezar para todos os alumnos/as de 4 anos B.

Ademáis xa celebramos o noso primer cumpreanos de clase. Rubén cumpriu 4 aniños o mércores 12 pero o celebramos o venres, e convidounos a bizcoito e unhas chuches. Gracias Rubén e a túa familia! Parabéns de parte de todos!


Recordarvos que temos reunión de pais/nais ás 17:00 na aula de 4 anos B, este luns 17 de Setembro.

lunes, 10 de septiembre de 2012

COMEZA O CURSO 2012/2013

comeza

o

cole

Saúdos a todas as familias e en especial aos meus rapaces e rapazas de 4 anos B.
O verán toca ao seu fin, e temos que volver á nosa rutina escolar.
Os amigos, as profes, os xogos, as cancións... e moitísimas aventuras, experiencias  e aprendizaxes novas ... vos están esperando.   
 Recordarvos a todos e todas  que o mércores 12 de Setembro  dará comezo o novo curso escolar 2012-2013, a xornada lectiva abrangue dende as 9 ata as  2.
Recordade descansar ben a noite anterior e ter todo preparado. Non vos olvidedes de traer a mochila coa merenda e unha gorra para o sol!

Aquí vos espero a todos cos brazos abertos!
A vosa mestra Sandra.