viernes, 29 de enero de 2016

30 DE XANEIRO DÍA MUNDIAL DA PAZ

30 DE XANEIRO DIA DA PAZ

Ola a todos/as! xa estamos aquí de novo.
Esta é a primeria entrada  no noso blogue no ano 2016. Comezaremos falando dun día tan chuli, como é o 30 de Xaneiro, día mundial da PAZ.

Estivemos elaborando algunhas cousiñas na clase para conmemorar dito día, visionamos vídeos baseados en valores, cantamos e preparamos unha canción, fixemos unhas pombiñas coas nosas mans, elaboramos en pequenos grupos unhas mensaxes de paz para engalanar a nosa "rede dos desexos" que está ubicada no corredor de infantil e primaria  e participamos nos diversos murais do cole.

Aquí tedes algunhas fotiños:




E aquí estamos preparados, para ir cantar e bailar cos compañeiros de primaria.





Algúns nenos/as de infantil, tivemos a misión importante de abri-la caixa para que saisen as pombiñas, as cales sairon voando moi rápido.



Xa para rematar este día tan especial para todos nós.
Rematamos esta entrada coa canción que "canturreamos" ao longo desta semana:
CANTARELA DOS NENOS de NEIRA VILAS.
O vídeo que a continuación se amosa foi elaborado polo CEIP de PRAZA BARCELOS.



-------------------------------------------------------------------------------------------------


Estade moi atentos ... por que o ENTROIDO está á voltiña da esquina! O venres toca disfrazarnos.
Aquí están as ordes do MECO para esta semana.


BO DÍA A TODOS.