viernes, 22 de diciembre de 2017

Nadal 2017

NADAL 2017
Preparando todas as manualidades
É moi habitual nestas datas que todo esté engalanado de luces, cores, adornos... No cole pasa o mesmo, levamos unHas cantas semanas preparando todo: postais, adornos, pratos, coroas... escoitando panxoliñas!
Tan só queremos que vos gusten moito cando cheguemos á casa e as poidades desfrutar e colocar no lugar que se merecen.


CON MOITO CARIÑO A AULA 
DE 4 ANOS 
DO FEAL
No cine






lunes, 4 de diciembre de 2017

Proxecto dos Medos

COUSA DE BRUXAS PIRUXAS E CURUXAS

Gracias ao desenvolvemtno deste Proxecto dos medos, aprendimos moreas de cousas.
Sabemos que hai bruxas boas e malas, pero que ningunha delas existen en realidade, tan só nos contos, debuxos animados e películas.
Pero o que máis lles chamou a atención e que todas elas tiñan SENTIMENTOS bós ou malos, Por suposto!
Unha das curtametraxes que máis lles gustou, foi  o desta adorable bruxa que buscaba ao seu princípe. 

RECANTO DOS MEDOS
APORTACIÓN DE MATERIAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Morcegos, arañas, tea de arañas, cabazas arrepiantes, contos variados, colgantes, medos persoais...etc Elaboración de manualidades!
Gracias a todos pola participación, cada unha destas cousiñas servían de fío conductor para as posteriores actividades relacionadas co proxecto e suscitaron o seu interese.

Leo elaborou esta caixa coa súa familia, gardamos os nosos temores  dentro.

Unha bruxa moi especial, convidounos a gusanos, cerebros, arañas, ósos.... Antes tivemos que facer un  feitizo e un conxuro máxico!
Estou segura que a Bruxa Curuxa "quixo que foran boiños ese día" ja ja ja 


GRITO DE MUNCH

EL GRITO DE EDVARD MUNCH
Esta Obra de Arte é a que máis se adecúa aos contidos que estamos a traballar dentro do noso proxecto Os Medos.
Foi realizada polo pintor noruego Edvard Munch (1863-1944), realizouna no ano 1893 e é o cadro máis representativo do Movento Expresionista.
Transmite moitos sentimentos confrontados, ten  moita expresividade e forza visual, transmite angustia, medo, desesperación, espanto, temor, desalento, soedade... 

Os meus rapaces tamén quixeron "interpretar e dramatizar" estos sentimentos imitando á persoaxe do cadro.
Ainda que... teño que ser moi sincera... Non transmitiron éstos sentimentos tan negativos, porque eles son moi riquiños.
Mirade as interpretacións desta Obra.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Aprendemos dos maiores

 OS ROBOTS CHEGAN ÁS AULAS DO FEAL
 Gracias ao mestre Alfonso e os seus alumnos e alumnas, tivemos a oportunidade de xogar e traballar cun escornabot.
Os maiores dábannos as directrices, e o escornabot chegaba ata o número que previamente escollímos e identificamos.

Hai que decir que foron moi "bos mestres" e axudaron aos pequechos en todo momento.
Parabéns pola actividade!
Esperamos pronto ter outra visita así de interesante, lúdica, interactiva e entretida. 
-------------------------------------------------------------------------------------------------

Visita de Izan de la Viña coa súa familia

Izan veu fai unhas semanas cos seus pais David e Vanesa facernos una visita. Todos/as queríamos velo e preguntarlle cómo se atopaba.
Esperamos que se recupere pronto, e ese brazo dereito volva ao seu xeito, para poder facer moitas cousas chulas.
Falamos moito no cole, sobre os "accidentes" e as precaucións que debemos tomar segundo o sitio ou situación .

Ánimo Izan! A mellorarse compañeiro!
Aquí estamos todos/as ansiosos/as porque volvas ao cole.