viernes, 29 de junio de 2012

PECHADO POR VACACIÓNS



Llembrade que....



Para que nos lembremos sempre os un dos outros, aquí vos deixo a foto final de fin de curso en 3B (tan só falta Laura e Sabela).



AS CLASES ESTÁN BALEIRAS... FELICES VACACIÓNS!

Remataron as clases o venres 22 de xuño, a nosa aula esta semana quedou baleira  sen nenos e nenas, despois sen xoguetes, materiais, e  pouquiño a pouco as paredes mudaron de cor, pasaron ao branco nun abrir e pechar de ollos...
Non resulta ser o mesmo espazo cando estabades todos vós e o enchiades de alegría, ruído, risas,  xogos e trasnadas...

domingo, 24 de junio de 2012

REMATAMOS O CURSO DE 3 ANOS

 O venres 22 de Xuño rematamos as clases, foi un día moi emotivo... comezamos falando de que o sábado á noitiña íamos  celebrar a Festa do San Xoán: fogueiras, fogos artificiais, comer churrasco, chourizos, e sardiñas ...  unha gran festa en Galicia! non sÍ?
O día anterior o pescadeiro agasalloume unha sardiña e non dubidei en levarlla aos nenos/as ao cole. E estivemos "investigando" con ela... escamas, cola, ollos, aletas, agallas... ata as espinas! quedaron bastante abraiados cando lles amosei a sardiña. 
É de verdade! dixo un, Non é de "mentira".



GRADUACIÓN
Despois... celebramos nunha cerimonia de carácter íntimo e privado, a nosa propia GRADUACIÓN de 3 anos coa correspondente entrega de DIPLOMAS, "photocall" posterior ao acto, e de seguido o festexamos cunha pequena festa amenizada con música "marchosa" e gusanitos, patacas fritidas, cheetos... e demais "entrantes infantís".
O acto foi moi solemne, non houbo incidencias, agás que os globos esplotaban todiños e que tan só faltaron as nosas compañeiras Laura (que estaba enfermiña) e Sabela (que estaba de viaxe). Aquí tedes a reportaxe feita pola reporteira gráfica do evento ! 


IMAXES DA FESTA DE FIN DE CURSO



Pintamola cara, bailamos, comimos chuches (é incrible a cantidade de gusanitos e patacas fritidas que comen!) por iso non comimos a nosa merenda e posteriormente xogamos.


Houbo agasallos de todo tipo: a profe Clara deunos piruletas e bicos, Pilar bicos e abrazos, a profe Bibi e os seus nenos/as de 5 anos B trouxeronnos sugus nunha caixa "xigante", a profe Sandra convidounos á festa (o tiñan ben  merecido eh!!) e a teacher Teresa tamén se despidiu de todos nós...




jueves, 21 de junio de 2012

O VERÁN COMEZA HOXE

Hoxe comezou o verán, ainda que non vaia tanta calor coma fai uns días, todos andamos coa cabeza nas vacacións, e ir ao cole estos días é toda unha leria... festas, aniversarios, despedidas, fotos, carpetas, recoller materiais, hai moito rebumbio e todos/as nós estamos moi inquedos. Hoxe celebramos por adiantado o cumple de Hugo Vila que cumpre o 1 de Xullo, pero él (que nos quere moito) quería celebralo con todos nós fose coma fose! Comimos bizcoito, sugus e palotes e fíxemoslle o libro do cumple. Gracias a súa familia por convidarnos!


Esta semana a profe deunos unha noticia que nos entristeceu moito. O noso amigo Alex  vaise a outro cole o vindeiro curso, él mesmo explicounos que o seu irmá maior vai  ir ao instituto e él marcha a un cole cerquiña del.
A pérdida de Alex é dun valor incalculable para todos nós! o botaremos en falta pero estaremos tranquilos, por que él vai estar ben e pronto fara amigos novos.  Para que nos lembrase sempre, agasallamoslle este libriño feito entre todos.

Moita sorte Alex! Non te esqueceremos amigo!



Mañá é o último día do cole, que pasará?

sábado, 16 de junio de 2012

FONDO DO MAR: PORTADAS 3º TRIMESTRE


Xa comeza a conta atrás... en 6 días rematamos o cole! Andamos traballando a reo... para que todo quede "perfecto" entre a semana pasada e esta, estivemos facendo a portada e contraportada dos nosos traballiños. Un peixiño  no fondo do mar con algas e virutas de cores que semellan o fondo mariño, e ademáis un cangarexo moi divertido, tan só precisamos pintura vermella, man dereita e logo a man esquerda (o dedo gordiño ben escondidiño) e Tatatachán! un cangarexo... despois con area, porpurina, virutas e xiz de cor azul  conseguimos darlle "profundidade" ao noso crustáceoXa os veredes cando levemos as carpetas esta semana! Mentres tanto tedes aquí o proceso.



RECADIÑOS PARAS AS FAMILIAS!

  • O luns 18 de Xuño reunión de aula ás 5:00, Vémonos todos alí!
  • Faltánme carpetas por devolver do 2º trimestre! precisoas.
  • Esta semana os nenos/as comezarán a levar os materiais que empregamos para investigar sobre o fondo do mar.

AGRADECEMENTOS


Ademáis dos mestres... no cole hai moita xente que colabora e nos axuda na nosa pequena comunidade educativa e fai que todo sexa millor e máis levadeiro: servizo de limpeza (Carmen e Teresa), conserxe (Alfredo), servizo de almorzos (Ara, Ana e Anabel)  servizo de comedor, aquí traballan moitísimos,  Tania, Roberto, as dúas Chelos, a outra Ana, Dani, Estela, Lucía, Ara... e moitos máis (Sintoo: non sei o nome de todos/as!)  poñen as mesas, recollen, sirven as comidas, vixian de que non nos manquemos no patio...uf! Cantas tarefas! pero nós temos que facerlle unha mención especial e agradecer a súa dedicación a Irene e Marisol, son as nosas coidadoras de comedor.
Estas mesmas aprenderonos a comer sós, descubrir novos alimentos, non ter medo a probar, ter mellor actitude ante a comida, sentarse ben na mesa... e dícir, máis autonomía e bos hábitos.
Gracias a todo o servizo de comedor pola súa dedicación incondicional nestes meses! Parabéns!

Entorno ás dúas menos cuarto aproximadamente, Marisol fai a súa presenza nas aulas 3 anos A e B. Imos subindo amodiño facendo un tren (as mestras vixiannos!). Cando chegamos ao comedor a mesa xa está posta. Tania, Chelo, Irene... e máis colaboradores estánnos esperando cos pratos cheos de comida quentiña. Somos os máis pequerrechos e temos o privilexio de recibir moitos agarimos por parte deles.
 Acomodamonos nas  cadeiras asignadas, nuns minutos o comedor convertírase nun fervedoiro de rapaces famentos, a continuación aparecen os compañeiros de 4 e 5 anos e despois  os de Primaria,  Todos teñen moita presa e fame!

Gracias rapazas! por motivos de seguridade e respecto, non amoso fotos dos rapaces comendo no comedor, pero tan só vos digo que comían con  moito xeito.
Bo proveito pequerrechos!
E aquí están o resto de compañeiros/as citados anteriormente.  É díficil coincidir con todos/as! dado que traballan en diferentes quendas.
Gracias por  amosar o voso bo facer tódolos días!

viernes, 8 de junio de 2012

8 de xuño DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS



Hoxe 8 de Xuño celebramos o Día Mundial dos Océanos e o luns foi o Día do Medio Ambiente, ámbalas dúas conmemoracións pretenden acadar os mesmos obxectivos: o respecto pola natureza e a adquisición de hábitos saudables hacia a contorna natural. 
Nós somos todos uns "expertos no fondo Mariño", por iso tamén falamos do medio no que se desenvolven as especies que fomos descubrindo neste 3º trimestre ( tabeirón, baleas, delfíns, cangarexos, polbos...) todos eles viven no mar, nos océanos, faleilles da importancia que ten non tirar lixo ao mar e as consecuencias negativas que ten para os peixes,  o ecosistema marino e o sector pesqueiro.



Os nosos océanos constitúen unha fonte inagotable de recursos, poden aportarnos: alimentos, enerxía, agua, sal, recursos minerais... 

Por iso para conmemorar ámbalas dúas celebracións (Medio Ambiente e Océanos) fixemos un colar ben chulo, para lembrarnos sempre que temos que coidar os parques, o mar, empregar as papeleiras, reciclar... Nós somos o futuro do noso planeta, por iso é importante inculcar hábitos respetusosos coa nosa contorna natural, físico  e social, dende idades temperás. 

 RECORDADE! TODO LIMPIÑO TANTO NO MAR, COMA NOS  BOSQUES, RÚAS, PARQUES, PATIOS, COLE, CASA... EMPREGADE SEMPRE AS PAPELEIRAS. GRACIAS!

 
AVISOS
  • Reunión final de curso o luns 18 de Xuño ás 5:00 na propia aula.
  • Ábrese o período de renovación e novas solicitudes de prazas para o comedor escolar curso 2012-13. O prazo de presentación abrangue dende o 11 de xuño ata o 6 de xullo e do  1 de setembro ata o 4 do mesmo mes. 

martes, 5 de junio de 2012

MARTESAVENTURA

Hoxe foi un día moi diferente... foi o "martesaventura".
 Pasaron moitas cousas chulísimas! Ímolas contar por orde.

Tívemos un "Conta contos" a primeira hora da mañá! menuda sorpresa! é contaronnos un conto títulado: "A princesa Sabela" (da Editorial Xerais) estívemos moi entretidos e atentos, nin se quera parpadexamos! mirade:

Despois tocounos inglés coa teacher Teresa. Esta sesión sempre coincide moi próxima coa hora da merenda e os hábitos de hixiene. A teacher aproveitou a sesión e convidou aos pequenos/as a: banana, apple e orange. Cando eu cheguei xa non quedaba nada, tan só as modias no lixo. Así aprenderon de maneira práctica e significativa a comer froitas e coñecelas polo seu nome noutro idioma. Mirade e tomade nota!
Pero aquí non acabou a cousa hoxe... Por fin levamos as nosas "viseiras ou parasois" segundo se mire... ainda que hoxe non facía nada de sol as levamos igual (por se acaso o tempo cambia) e miradenos outra vez ...   preparados para ir á praia se fai falla!

E despois a profe contounos que hoxe era un día especial para o planeta terra; o 5  de Xuño celébrase o DIA DO MEDIO AMBIENTE, falamos dos coidados que temos que facer, da reciclaxe dos lixos,  a natureza.... ainda que con tantas cousas que aconteceron hoxe! non sei  se darán lembrado todo o que falamos e o que aconteceu no noso "martesaventura". 


viernes, 1 de junio de 2012

FONDO DO MAR

      Aquí  está a presentación que vos prometín dos vosos traballiños. Desfrutádeo que ben o merecedes!
              
Teño qué facervos unha pequena recomendación: Na primeira reunión de curso vos dixen que non abrigasedes moito aos rapaces  (dado que todas as aulas que dan hacia as pistas son moi quentiñas e entra o sol de cheo) agora que estamos preto do verán (ainda que o tempo anda bastante "tolo" e andan subindo e baixando as temperaturas a cotío) é preciso que traian unha roupa fresquiña, e por riba do mandilón unha chaquetiña ou similar por si o tempo varia...