jueves, 21 de junio de 2012

O VERÁN COMEZA HOXE

Hoxe comezou o verán, ainda que non vaia tanta calor coma fai uns días, todos andamos coa cabeza nas vacacións, e ir ao cole estos días é toda unha leria... festas, aniversarios, despedidas, fotos, carpetas, recoller materiais, hai moito rebumbio e todos/as nós estamos moi inquedos. Hoxe celebramos por adiantado o cumple de Hugo Vila que cumpre o 1 de Xullo, pero él (que nos quere moito) quería celebralo con todos nós fose coma fose! Comimos bizcoito, sugus e palotes e fíxemoslle o libro do cumple. Gracias a súa familia por convidarnos!


Esta semana a profe deunos unha noticia que nos entristeceu moito. O noso amigo Alex  vaise a outro cole o vindeiro curso, él mesmo explicounos que o seu irmá maior vai  ir ao instituto e él marcha a un cole cerquiña del.
A pérdida de Alex é dun valor incalculable para todos nós! o botaremos en falta pero estaremos tranquilos, por que él vai estar ben e pronto fara amigos novos.  Para que nos lembrase sempre, agasallamoslle este libriño feito entre todos.

Moita sorte Alex! Non te esqueceremos amigo!



Mañá é o último día do cole, que pasará?

1 comentario:

  1. Sandra, eres una mestra e unha persoa exemplar. ¡ Que sorte encontrarche no noso camiño!. Queda fora de toda duda que as nosas palabras son sinceras e cheas de agradecemento hacia ti polo teu esforzo e dedicacón e o amor que lle demostrastes sempre a Alejandro e a todos os seus compañeiros porque esas cousas notanse no dia a dia.
    Cando Alex chegou a casa co libriño caeronnos a todos as bagoas de emoción pero ainda que por unha parte nos gustaria que o noso neno seguira o voso lado pensamos que esta é a mellor decisión.
    Dar as gracias os compañeiros e compañeiras polos dibuxiños de estes artistas de 3 años e desexarvos o mejor.
    E a ti, que decirche , que eres xenial e que nunca nos esqueceremos de ti, parecenos que as nosas palabras non din todo o que te mereces , pero sempre te levaremos no noso corazón.
    GRACIAS POR TODO

    ResponderEliminar