martes, 5 de junio de 2012

MARTESAVENTURA

Hoxe foi un día moi diferente... foi o "martesaventura".
 Pasaron moitas cousas chulísimas! Ímolas contar por orde.

Tívemos un "Conta contos" a primeira hora da mañá! menuda sorpresa! é contaronnos un conto títulado: "A princesa Sabela" (da Editorial Xerais) estívemos moi entretidos e atentos, nin se quera parpadexamos! mirade:

Despois tocounos inglés coa teacher Teresa. Esta sesión sempre coincide moi próxima coa hora da merenda e os hábitos de hixiene. A teacher aproveitou a sesión e convidou aos pequenos/as a: banana, apple e orange. Cando eu cheguei xa non quedaba nada, tan só as modias no lixo. Así aprenderon de maneira práctica e significativa a comer froitas e coñecelas polo seu nome noutro idioma. Mirade e tomade nota!
Pero aquí non acabou a cousa hoxe... Por fin levamos as nosas "viseiras ou parasois" segundo se mire... ainda que hoxe non facía nada de sol as levamos igual (por se acaso o tempo cambia) e miradenos outra vez ...   preparados para ir á praia se fai falla!

E despois a profe contounos que hoxe era un día especial para o planeta terra; o 5  de Xuño celébrase o DIA DO MEDIO AMBIENTE, falamos dos coidados que temos que facer, da reciclaxe dos lixos,  a natureza.... ainda que con tantas cousas que aconteceron hoxe! non sei  se darán lembrado todo o que falamos e o que aconteceu no noso "martesaventura". 


2 comentarios:

  1. a mí es que esto de los cuentacuentos me encanta, será mi alma de niña, pero me parece entretenidísimo y una gran idea como actividad escolar.

    ResponderEliminar
  2. Eses parasois son chulísimos!! E vendo a entrada das "fruits"...estame entrando unha fame...eu son de "orange"!!Noraboa teacher e profe Sandra! Estes cativos o pasan pipa!!

    ResponderEliminar