sábado, 13 de mayo de 2017

PROXECTO OS PITIÑOS

Xa comezamos a desenvolver o Proxecto dos Pitiños na clase, e recibimos moitos materias por parte das familias, o cal nos serve como eixo motivador para o desenvolvemento dos contidos e das posteriores aprendizaxes de aula.
Temos un pouco de todo: contos, fotos, imaxes, información  de internet, xoguetes, niños de páxaros, pitiños de crochet... pero vou amosarvos máis polo miúdo para que vexadas cantas cousiñas temos no noso RECANTO.

 


Antonio e a súa cestiña

  

    Leo e a súa creativa caixa de   ovos kinder
Iker Sanjurjo e o seu niño de Pega (Urraca)

 Marcos co seu conto, elaborado pola súa familia, trata dun Galo e una Galiña que se enamoraron nun Galiñeiro de Moeche e tiveron pitiños! Toda unha Historia de Amor!


Lauri eo seu papá Alejandro, trouxeron una incubadora de ovos!

Temos 12 ovos, que coidar! Toda unha responsabilidade! Estamos a facer o seguimento no calendario.
Supostamente, dentro de 21 días deberíamos ter pitiños na clase.

 SEGUIMENTO DO PROCESO DE INCUBACIÓN DOS EMBRIÓNS DE POLOS

Nós estamos preparados para recibilos, dado que una das avós de Izan de La Viña mercoulle un bebedorio e un comedoiro e trouxoo á clase.

Agora, no seguinte vídeo podedes ver moitas máis cousas acerca dos materiais aportados !
E tamén  estamos traballando.



GALIÑAS E POLIÑOS 

Xa para rematar a entrada de hoxe deixovos 2 vídeos musicais moi coñecidos, relacionados coa temática dos pitiños. 
A canción clásica "Los pollitos dicen pío, pío" e a divertida e sempre xenial canción do "Polo Pepe".



POSTAIS DOS PITIÑOS

NO VÍDEO PODEDES VER OS DIFERENTES PITIÑOS QUE CADA NENO/A ELABOROU.
e JULIA AMOSA COMO SE FIXO.



2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Precioso proxecto! Esperando moitos pitiños!! Qué gran traballo, noraboa equipo!!

    ResponderEliminar