viernes, 9 de octubre de 2015

QUE FACEMOS NO COLE?

QUE FACEMOS NO COLE?
Ola a todos/as! Xa estamos aquí de novo iniciando a nosa andadura no blogue de 5 anos.
Xa vai para un mes que comezamos o cole e todos vos estaredes preguntando que fixemos todo este tempo. Hoxe contaremos algunhas cousiñas esperemos que vos gusten e sexan interesantes.
O 23 de Setembro entrou a nova estación do outono, e xa son moitas as cousiñas que temos na clase para investigar e aprender un pouco máis acerca de dita estación: castañas, landras, noces, ourizos, avelás, marmelos, peras, moitas follas para clasificar (castaño, roble, pino, eucalipto...) e mazorcas de millo que nos chamaron moito a atención por que eran moi diferentes entre sí, e investigamos coa profe e no ordenador para que se empregaba o MILLO ( para á elaboración de pensos para o gando, fariñas para elaborar pan, palomitas de maíz...) debullamos na clase, abrimos a mazorca, comparamos os diferentes tipos de grans (cores e formas) e fixemos a nósa propia manualidade.
No seguinte vídeo pódedes ver cómo o fixemos.

Tamén tivemos  moreas de cabazas, de diversas formas e tipos, pero... a cabaza máis impactante e grande é a que nos agasallaron os avós de Carla Hermida, a cal precisou a axuda de tres nais para poder tráela ata á aula. Agora a temos no corredor de infantil para o desfrute de todos, debaixo da nosa árbore.
      Tamén tivemos espacio para a creatividade, Noa Ramos recreou nunha maqueta "un pequeno Souto", Lois deulle vida á súa mazorca de millo e as súas castañas, ademáis de facer un colgante para o teito cheíño de froitos secos.
Son moitas as actividades que fixestes para o Outono e os elementos aportados. Parabéns a todos/as pola colaboración. Neste vídeo podedes ver máis polo miúdo, a tódolos rapaces coas súas cousiñas e facendo outras actividades.

Xa para rematar (tal e cómo dixemos na reunión) estos son algúns dos contidos que estivemos à traballar nestas  últimas semanas: as vogais en minúscula, a /p/ /m/ e a /t/ en minúscula. Escribimos palabras con esas consoantes e fixemos  os seus correspondentes debuxos, por exemplo: escribimos MAZÀ e a debuxamos. Traballamo-los números o seu trazo e identificación e concepto de cantidade dende o 0 ata o 6 (cousiñas do curso pasado), repasamo-las figuras xeométricas identificación e debuxo, traballamo-lo nome dos compañeiros. Fixemos debuxos da cara e da figura humana,  adquirimos máis habilidade en colorear con plastidecor e rotus, e empregamos as tesoiras. E unha morea de máis cousiñas. 

ATA A PRÓXIMA ENTRADA AMIGUIÑOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario