lunes, 29 de enero de 2018

PROXECTO DE ARTE: JACKSON POLLOCK

JACSON POLLOCK


Ao longo deste 2º trimestre, as tarefas plásticas están xirando entorno ao pintor américano Jackson Pollock. A súa técnica principal era o action painting consistía en verter e salpicar pintura de maneira aleatoria, libre e fluída con fortes e constantes movementos.
Aquí podedes ver unha curta, homenaxeando a este pintor.


OUTRO VÍDEO AMOSANDO A SÚA TÉCNICA DRIPPING
ACTION PAINTING


A súa técnica é moi atractiva para os rapaces de infantil, dado que  aportalles liberdade de movementos,  elección de utensilios e favorece a creatividade e a imaxinación.
A actividade plástica flúe nas súas mans, sen ter ideas preconcebidas da tarefa antes de iniciala. Cada neno/a exprésase e explora coas pinturas e as cores no espazo asignado.

QUEREDES VERNOS EN PLENA ACTION PAINTING?





Soplado con palliñas

Agora entenderedes moito mellor por que últimametne levamos pintura ata nas orellas ja ja ja!!!

PREMEDE NO VÍDEO PARA VER MÁIS FOTIÑOS E ACTIVIDADES


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


SAÚDOS DOS MEUS ARTISTAS!

ATA A PRÓXIMA ENTRADA FAMILIAS!

4 comentarios: