lunes, 22 de octubre de 2018

APICULTURA NA ESCOLA

Apicultura na aula de 5 anos

Este curso, estamos a aprender moreas de cousas acerca das abellas.
A apicultura é un tema extenso e apaixoante e cheo de curiosidades.
Ao longo destas semanas as familias do Feal, trouxeron moreas de cousiñas que nos están permitindo aprender e descubrir cousas acerca da vida das abellas, o mel, as colemeas, funcións do apicultor...
Polo de pronto, no seguinte vídeo convertímonos durante uns segundos en auténticos APICULTORES, gracias a Fran o pai de Marcos que nos deixou na aula a protección que emprega o apicultor para acceder as colmeas co fin de sustraer o mel ou observar o estado dos panais.

Create your own slideshow - Powered by Smilebox

                          Click to play this Smilebox slideshow
Elaboramos entre todos/as un mural moi chuli, que recrea unha colmea natural e o seu apicultor traballando.

AUTÉNTICA EXPERIENCIA DUN APICULTOR
Fai unhas cantas semanas, tivemos unha visita moi especial...   Fran o pai de Marcos é  apicultor.


Raquel e Fran acompañados de Marcos, explicaronnos a todos moitas cousas acerca das abellas, falamos da indumentaria do apicultor, medidas de seguridade para que non piquen, observamos un panal con mel, prendemos o afumador, observamos nun vídeo como elboran o mel na casa e o envasan…. e sobre todo aprendimos moitas curiosidades:
Sabedes canto pode vivir unha raíña?
Cántos tipos de abellas viven nunha colmea?
Todos teñen aguillón?
Cales son as súas funcións dentro?
Sabedes que as abellas teñen unha pista de aterraxe para acceder á colmea?
….. E MÁIS COUSAS...

PREMEDE NO VÍDEO
para observar con máis detalle a experiencia de aula.

                 Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Pronto teremos outra experiencia semellante a ésta, estamos ansionsos e preparados para facer preguntas e resolver dúbidas.
Na seguinte entrada do blogue, aproveitaremos para amosar todas as cousiñas que aportachedes ao RECANTO DAS ABELLAS

2 comentarios: