viernes, 19 de octubre de 2012

Qué aconteceu esta semana?


Temos que informarvos a todos/as que xa nos naceu unha nova flor no xardín máxico. Chámase "Marichú", e é unha flor ben chula! Xa temos ao noso coidado a flor i e u, e xa van dúas! isto é toda unha responsabilidade para todos nós, menos mal que cos coidados de Aurelio, as froreciñas van medrando moi fermosas. Tamén veunos visitar o Búho Hugo, pero ten tanta vergoña que non saíu na foto e tan só aparece polas noites, fai un son moi peculiar, queredes escoitalo? pois preguntádelle aos vosos/as fillos/as Cómo fai o Búho Hugo? e obteredes o son da vogal U.



Falando de sons... Sabedes que tódolos mércores imos co mestre Vicente a Música? Pois sí, na clase de música: cantamos, bailamos, movémonos, tocamos os instrumentos e  imos descubrindo pouco a pouco as súas caracterísitcas, e tamén facemos algún traballiño en papel... esta semana tocounos sons fortes ou febles (débiles) a qué é moi interesante? Mirade que xeito temos!


A partir de hoxe venres, da comezo unha nova tarefa para levar á casa o fin de semana (en diferentes quendas) para facer coas familias. Tratáse dunha autobiografía. Esta carpeta irá viaxando aos vosos fogares e alí teredes as pautas para elaborar a tarefa. Será unha maneira divertida de coñecernos todos un pouquiño máis e que os propios nenos/as (agora que xa son maiores) poderán explicar e contar aos compañeiros. Anímadevos e deixade voar a vosa creatividade! Esta semana tocoulle a Sara que foi a encargada, e comeza ela esta pequena aventura, moita sorte Sariña, xa estamos ansiosos de que nos contes moitas cousiñas divertidas túas!


Ao longo da próxima semana iremos comezando o Proxecto sobre LUÍS SEOANE.
Darvos as gracias a todos/as pola vosa participación. Sabía de antemán que ía ser difícil atopar cousas para traer ao cole, ( non era tan doado coma co proxecto do Fondo do Mar) pero cada un o intentou á súa maneira, e eu o valoro moito. Parabéns!
Xa teño cousiñas, pero noutra entrada do blogue volas iremos amosando!

Por último .... recordarvos a todos/as que os XOVES temos PSICOMOTRICIDADE, recordade traer roupa cómoda.


E xa pra rematar... para deixarvos cun BO SABOR DE BOCA! mirade que fixeron os nosos compañeiros de 4 anos A, dende logo que son uns larpeiros! e a súa mestra Maite toda unha experta reposteira, deronnos moita envexa e sobre todo FAMEEEEE!! Fixeron un ourizo de chocolate, que resultou ser a metade dunha pera cuberta con chocolate.Qué lambóns son na clase dos patos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario