miércoles, 29 de abril de 2015

DIA DO LIBRO



23 DE ABRIL DIA DO LIBRO

Ao longo da outra semana e desta, estivemos celebrando o Día do Libro, cunha actividade moi especial nas aulas de 3,4 e 5 anos. Dende o ciclo de infantil convidamos ás familias de maneira voluntaria a que nos leran un contiño na aula.

Foron moitas as familias que amosaron interese por esta experiencia, outras sabemos de antemán que non puideron participar por motivos laborais e familiares. Dende aquí, agradezo o seu interese e dalas gracias as persoas que sí tiveron a oportunidade de participar.

Nas seguintes montaxes fotográficas, podemos ver ás nais que viñeron a leernos contos tan diversos e variados, e ante todo divertidos e entretidos.

A primeira en asistir a ler un conto, foi Patricia a nai de Adrián Vázquez, o conto seleccionado foi a "Eiruga glotona", o conto era moi bonito e tiña uns desplegables e uns troquelados que chamaban moito a atención.

A segunda, foi Yoana a nai de Erik que leunos varios contos con moralexa.
 Patricia, a nai de Carla Hermida leunos 2 contos, un sobre un xoven chamado Jorge e un dragón, e despois o conto de Caillou co cal pasámolo xenial, senón mirade esta fotiño.


Namentres, Raquel a nai de Aitana Rúa, interpretou o conto da "Ratiña presumida" coa axuda de Aitana que facía de "ratiña" e fixeron unhas marionetas de animais moi chulas que empregaron ao longo do conto.


Pola outra banda, Bea a nai de Iago contounos o conto dun terrorífico GRÚFALO, pero non daba nadiña de medo e gustounos moito; Iago aproveitou para lernos un conto e presentarnos ao seu irmanciño pequeno e falarnos  un pouco del.

 
 Aroa a nai de Izán trouxonos un conto xenial "O segredo de Flora" e aprendimos a non enfadarnos dicindo unhas palabras máxicas. 


 Por último, hoxe xoves, Cristina a nai de Roi (coa axuda inestimable de Roi) leunos o seu conto favorito un oso con moita fame... e gustounos moito o porque tiña troquelados e os animaliños saían fora do conto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario