miércoles, 1 de abril de 2015

EXPERIMENTOS


         
EXPERIMENTANDO
Unha das actividades que máis nos gustou neste 2º trimestre foi unha xornada adicada a "experimentos" segundo decían os meus alumnos/as, máis ben era unha clase práctica, fundamentada nunha metodoloxía máis aberta e activa onde  o neno/a poida interactúar, tocar, ser partícipe na súa aprendizaxe con diversos materiais, a verdade e que estiveron moi entusiasmados/as e as aprendizaxes foron verdadeiramete moi significativas,  estiveron moi atentos dado que isto non o fixeran nunca. 
A continuación, amosamos algunhas das actividades que levamos a cabo:


MANTEQUILLA CON OUREGO

SAL, OUREGO, MANTEQUILLA, TOSTADAS E RECIPIENTES

Pasos: misturamos os ingredientes, por quendas... uns añadimos a sal, o ourego e gardámolo na neveira ata a hora da merenda.







DESPOIS O MELLOR!
A MERENDAR!
E xa por último, ca barriguiña chea, fixemos a tarefa no libro e escribimo-los ingredientes.





Ainda non sabemos se cheirará moi ben.... á volta das vacacións o descubriremos. Adrián foi o encargado de misturalos ingredientes.


E despois fixemos a actividade do libro, así resultounos moito máis doado.






 SENTIDO DA VISTA, DO GUSTO E DO OLFATO



AS FROITAS POR DENTRO

Saboreamos un chisquiño de sal e azucre e observamos detidamente como eran unhas froitas por dentro (despois as comimos) antes de facer o que nos mandaba o caderno.


HERBAS
 Olemos unhas cantas herbas aromáticas: lavanda, ourégo, tomillo, romero, manzanilla...

a



 UN PEIXE NA CLASE

Observamos un peixe de verdade, para ser exactos un lirio ou bacallau, mirámolas "agaias", os ollos, a boca, tocámolo, cheirámolo e abrimolo e vimos as súas espinas, despois lavámolas mans e fixemos a actividade.




ATA A PRÓXIMA AVENTURA!
Espero que vos gustase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario