jueves, 2 de febrero de 2012

BENVIDOS A TODOS E TODAS

Hoxe comeza a nosa andaina. É a verdade e que estou un pouco nerviosa ... como ben sabedes todos e todas as  Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) están moi presentes nas nosas vidas cotiás, na vida dos máis pequerrechos e tamén nos centros escolares.
É por iso, que dende a nosa aula queremos convidarvos a visitar o blogue o cal albergará as experiencias, actividades, eventos, celebracións... que os vosos fillos e fillas van realizando na escola. Neste blogue empregarei aplicacións coma fotos, vídeos, enlaces de páxinas webs, e outros recursos ... Convídovos e anímovos a que se tedes internet preto, aproveitedes esta oportunidade para visitar a aula de 3 anos B dende outra perspectiva.
Espero que vos guste e poidades desfrutar moito!

5 comentarios:

  1. Os nosos parabens por esta iniciativa.
    Fdo: Os papis de Noa

    ResponderEliminar
  2. Sandrita,estamos cativeando en familia, disfrutando do teu blog,é xenial.
    Gracias.
    Aproveitamos para decirche,que Alex esta con febre.
    Saudiños.

    ResponderEliminar
  3. Sandra, como nos aburrimos moito hoxe xa me disfracei,anticipandome a os carnavais,espero que che guste a miña foto.
    Saudiños.
    Alex

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, bueno.... ainda estás guapiño oh!!
      Gracias familia pola participación no blogue.

      Eliminar