viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

ENTROIDO 2019

O Meco deu o seu pistoletazo de saída o lúns, e todos/as chegaron ataviados cos seus bonitos logos, ao longo da semana foron desfrazándose e traendo diferentes complementos.
O venres, chegou o gran día: fotos, desfraces, os amigos/as, a queima do Meco, o baile, a troula, a merenda do Entroido (orellas, torrixas, buñuelos, filloas...)
Queredes ver algúns destes momentos que viviron os vosos fillos/as ao longo desta semana?

Estou segura de que sí!



Aquí van as fotiños de clase, do grupo e da festa.



Andrea compañounos un chisquiño máis tarde porque estaba enfermiña da garganta.
E unha aperta a Bruno! 
Unha mágoa non compartir contigo este día!
 Recupérate compañeiro!




O tempo este ano acompañou á queima do Meco.  
Aquí estamos no pavillón de Primaria, comendo e bailando.
Pasámolo xenial!


BO ENTROIDO 2019 
A TODOS OS MEU RAPACES!
PASÁDEO MOI BEN!
 QUÉ SIGA A TROULA!

2 comentarios: