sábado, 9 de marzo de 2013

A música amansa ás... feras?


A música amansa ás feras! sen dúbida...
O venres tivemos concerto no cole, estivemos moi atentos cos nosos olliños,  orelliñas e con todo o sentido do ritmo! nin parpádexabamos. Un grupo  de corda amenizou a velada durante unha hora e cuarto, e foi unha experiencia xenial! por non falar da calidade deste grupo de magníficos músicos chamados "Arco iris". 
Coma mestra, opino que foi unha actividade chulísima e os nenos/as cando chegamos á clase non paraban de falar do ben que o pasaran e o moito que lles gustara; aproveitando o entusisamo suscitado pola actividade musical, seguimos indagando un pouquiño máis na PDI sobre os instrumentos que vimos.
 
 
Estos son os instrumentos que nos amosaron no concerto
 
 
Noa,  dixo que semellaban unha "familia de violines": o pai o contrabajo, a nai  o violenchelo, a filla sería a viola e o fillo o violín, non ía moi desencamiñada, Non creedes?
 
Tamén investigamos como se chama o pau co que se dirixe aos musicos, e que tivemos moita envexa de Fabián (tivo sorte e tocoulle dirixir e incluso puxo unha chaqueta de director ).
 
 
Descubrimos que o pau chamase batuta, e serve para dirixir aos músicos, e para iso precisamos unha partitura, onde están escritas as notas musicais.
Na clase tivemos a oportunidade de dramatizar e representar todos a un director de orquestra  escoitando unha das pezas musicais que escoitamos no concerto,  foi a de Amadeus Mozart "Pequena serenata nocturna-Allegro".
Premede no vídeo para escoitalo, e deixade que os vosos "pequenos músicos" den renda solta á súa batuta e que vos dirixan con soltura.
 
 
Xa pra rematar desexarlle a Hugo un feliz cumpleanos e graciñas polo bizcoito.
 
 
E feliz día da muller, que celebramos onte! ainda que deberíamos celebralo tódolos días!
 
 
 
 
 
  

1 comentario:

  1. Esto de la música en vivo me parece una gran idea, me gusta mucho cómo integras en la enseñanza tradicional una parte de sentido común a la hora de respetar los ritmos y capacidades de cada niño; la música es una forma de comunicación que alcanza a todos ellos, y a todos les lleva un mensaje. Gracias.

    ResponderEliminar